As canles de televisión norteamericanas están como tolas achegando os seus contidos por distintas canles, como a web, as consolas de videoxogos ou os móbiles, e aproveitando o éxito que ten o iPhone nos EE.UU. dende TV.com lanzaron unha aplicación para o dispositivo de moda de Apple que permite recibir mediante streaming episodios completos de series clásicas coma Sigue Soñando ou Star Trek, operando a aplicación tanto a través de Wi-Fi coma de 3G, aínda que non está dispoñible dende fóra dos EE.UU.
Outras plataformas podería seguir os pasos de TV.com, e nas últimas semanas son insistentes os rumores de que podería saír unha versión para o iPhone de Hulu, abrindo a porta aínda a máis contidos audiovisuais, polo que a visualización de series de televisión dende o iPhone podería converterse nunha actividade doada e habitual para moitos, conseguindo un éxito que as televisións por 3G non acadaron ata o momento.
A serie orixinal de Star Trek pódese ver de balde dende o iPhone (nos EE.UU.)
Compartir Este Artigo
