Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arranca unha campaña web para loitar contra a fame a golpe de click
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arranca unha campaña web para loitar contra a fame a golpe de click

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/03/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

clickcontraelhambre.jpgA Rede é para a actividade solidaria un extenso eido de acción onde se ofrecen condicións de acústica antes practicamente impensables. En boa medida e se se aproveitan as súas posibilidades, ten feitura de auditorio internacional. Disto, de conseguir a meirande audiencia en liña é do que trata a iniciativa que veñen de lanzar Twix, Acción Contra el Hambre e M-80: unha campaña encamiñada sobre todo a sensibilizar á sociedade sobre a realidade dun drama que, lonxe de diminuír na súa crueza, semella intensificarse a medida que o mundo que xa é rico se enriquece máis. Falamos da fame e desnutrición que afecta aos habitantes de medio planeta. Como o seu propio nome indica (Un click contra a fame), a iniciativa naceu con vontade de ser directa e de situar entre a posibilidade de axuda e a axuda mesma o menos espazo posible.
A proposta, malia a amplitude xenérica dos seus obxectivos, xorde para un tempo e un espazo ben definidos: o Mali de hoxe, un dos cinco países máis pobres do planeta e, arestora, vítima dunha vaga de desnutrición.
Con este proxecto web colectivo e solidario, a firma Twix fará doazón de 20 céntimos de euro cada vez que un internauta acceda á páxina web. Os cartos que se reciban iran destinados a Acción Contra El Hambre para loitar contra a fame infantil no dito país e para a posta en marcha de dous centros de rehabilitación nutricional aguda e de 47 unidades de apoio móbiles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?