Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro de Dinamización da AECO organiza dous cursos de iniciación á Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro de Dinamización da AECO organiza dous cursos de iniciación á Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/03/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aula_empresarias_coruna.jpgO Centro de Dinamización da Asociación de Empresarias da Coruña (AECO) segue adiante coa súa actividade de achegamento das novas tecnoloxías da información e das súas vantaxes á cidadanía. Este compromiso a prol do dixital e do que este representa, reforzado logo dun novo acordo coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información (iniciativa da Consellería de Innovación), vaise materializar a través dunha serie de accións concretas que, lonxe de centrarse en coñecementos avanzados, atenden aos niveis máis básicos da cuestión informática co fin de facer o máis doada posible a entrada á era dixital. En definitiva, trátase de dous cursos a desenvolver durante o mes de marzo: o primeiro, Iniciación á informática, celebrarse entre o 9 e o 18 deste mes en horario de mañá; o segundo, Creación dunha conta de correo electrónico, dará comezo (en horario de tarde) o día 23 para rematar o 26.
Amais disto, e segundo informa o propio Centro de AECO, en febreiro púxose en marcha unha iniciativa encamiñada a estreitar as ligazóns das mulleres asociadas á entidade entre si, coa propia entidade e coa sociedade en xeral. A actividade consistiu en achegarlles a todas e cada unha delas unha conta de correo electrónico e os coñecementos precisos para tirarlle o máximo rendemento.
O Centro de AECO, que conta cun servizo de aula aberta para socias e a poboación galega en xeral (que inclúe ordenadores e accesos a Internet), ten o seguinte horario: de luns a xoves de 9 a 14 e de 16 a 19 horas; venres de 9.30 a 15 horas. Segundo informa a dinamizadora do Centro, Bárbara Fernández, aquelas persoas interesadas en participar nos obradoiros ou en tirar proveito dos equipamentos da aula aberta poden poñerse en contacto co centro a través do teléfono da asociación, 981.297.870, ou a través do correo electrónico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?