
Dende Xornal.com aseguran que o seu novo molde achega a interactividade e a proximidade ao lector, o que se traduce no reforzamento do seu Plan Conect@, unha sección na que os usuarios poden pendurar da web as súas propias fotografías e vídeos para compartilos co mundo, á vez que amplían a súa zona de opinión cunha tribuna aberta e cartas ao director, tendo estes contidos tamén reflexo na edición impresa. Queda todo agrupado baixo o logotipo de Conect@, e pese a que xa leva varios días operativa esta posibilidade, non parece que goce de actividade, pois todos os contidos presentes son anteriores á estrea desta sección e están asinados polo mesmo usuario (polo que entendemos que son de proba). Queda así en dúbida a elección dos nomes de seccións coma Foto del día ou Vídeo del día, que carecen de información actual, e dá a impresión de que dende Xornal fixeron unha aposta excesiva pola participación, que dificilmente verase correspondida se atendemos a experiencias anteriores de medios de maior entidade (como a CNN ou El País).

Xornal.com renova a súa imaxe
Compartir Este Artigo
