Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O estado da eAdministración nos concellos, a exame
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O estado da eAdministración nos concellos, a exame

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/03/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

A Secretaría de Estado de Telecomunicacións presentou este mércores 4 unha investigación encamiñada a dar alento e soporte (que liñas de actuación son as principais, en que sectores ou xeografías cómpre meirande esforzo, etc) á Lei de Administración Electrónica aprobada en 2007 que, entre outras cousas, recoñece aos cidadáns o seu dereito a vincularse pola vía dixital coas súas institucións públicas. Dos métodos axeitados para facer cumprir esta lei, do feito e por facer e de un dos principais instrumentos para acadalo, o Plan Avanza, trata precisamente o estudo presentado hoxe: Estado das TIC na Administración Local. Nel, o Ministerio de Industria dá conta polo miúdo dos recursos orzamentarios postos en xogo para desenvolver os requirimentos da dita lei: un financiamento de 400 millóns de euros ata 2008 e, para o este ano en curso, un engadido presupostario de 67,5 millóns de euros. As medidas desenvolvidas, faise constar no informe, executáronse en colaboración con 435 entidades locais, todas as Comunidades e Cidades Autónomas. A súa natureza foi variada, pero todas coincidiron na necesidade de tirar partido dos recursos dixitais para mellorar o contacto entre a cidadanía e as institucións: programas de modernización da administración local, desenvolvemento de servizos en liña para as empresas e a sociedade en xeral, posta en marcha dunha plataforma de pagamento electrónico, organización de xornadas de difusión e formación, etc.
O informe en cuestión, que como o seu propio nome indica achega un diagnóstico sobre a estado actual n dos concellos respecto ao uso das novas tecnoloxías, tivo un punto de mira amplo de abondo: os escenarios de conexión veciñanza-administración dos 8.109 concellos españois. Segundo se fai constar no traballo, de entre estes municipios, os de máis de 15.000 destinan recursos económicos e humanos para a mellora das súas tecnoloxías superiores aos dos restantes municipios. Estes e outros datos complétanse con información sobre a chegada da Rede a estas entidades locais, identificándose aquela como “xeneralizada”.
Polo que respecta á natureza mesma dos servizos de eAdministración ofrecidos polos concellos, dicir que entre os que máis esforzos están a concentrar atópanse os de participación cidadá (queixas, suxestión) e os de participación en foros e enquisas, por enriba (polo de agora) de outras canles non tan desenvolvidas nin tan demandadas: a consulta de expedientes ou de datos persoais. O informe observa neste senso que preto do 80% dos municipios de máis de 30.000 habitantes conta con canles de participación cidadá, e case o 40% achega datos de trámites persoais.
Asemade, e sen saírmonos desta categoría de concellos, dicir que máis do 85% (ou sexa, o 58% da poboación) subministra datos pola Rede sobre actividades, oferta pública de emprego así como procedementos e servizos. Amais, arredor do 85% destas entidades locais de máis de 30.000 habitantes fornece aos seus cidadáns de información cultural e turística en liña, así como de rueiros e recursos sobre transportes. De cara ás empresas, máis do 74% dos concellos de máis de 15.000 habitantes achegan elementos útiles para aquelas: creación de empresas, contratación pública, bolsa de traballo ou axudas e subvencións.
Por certo que a investigación da que se extraen estes e outros datos está dispoñible por vía telemática dende a web do Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información: www.ontsi.red.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?