Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Objectivo Lima e La Volta dels 25, á cabeza no certame de Lonely Planet para elixir o mellor caderno de viaxes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Objectivo Lima e La Volta dels 25, á cabeza no certame de Lonely Planet para elixir o mellor caderno de viaxes

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/03/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

la_volta_dels_25.jpgA web de Lonely Planet, empresa da que forman parte as prácticas guías para viaxes económicas do mesmo nome ou os documentais presentados polo sufridor Ian Wright (especializado en comer toda rareza gastronómica do mundo que se lle poña diante), vén de convocar un certame en liña aberto á participación dos internautas. O concurso web, no que precisamente son os usuarios da Rede os que asumen o papel de xurado cos seus votos, vai dirixido a elixir, entre outras cousas, os mellores blogs de viaxes do mundo nas linguas que sexan, toquen o tema que toquen e proveñan de onde proveñan. Na web de Lonely Planet, que mantén aberto o proceso de votación ata o 20 de marzo, atopamos arestora a escolma de nomeados (cinco por categoría) con cadanseu informe sobre o seu número de votos actuais. Entre as propostas que máis preto nos tocan albíscanse blogs do máis sinxelo e, polo menos en aparencia, do máis desinteresado (non estamos a falar de cadernos que empregan contidos para facer publicidade indirecta de axencias ou de hoteis). Por exemplo: os cadernos Objetivo Lima ou La volta dels 25, o primeiro deles ocupando a primeira liña (con moita diferenza sobre os competidores) na modalidade de cadernos escritos en castelán e o segundo con moita vantaxe na categoría dos redactados en lingua non inglesa (de feito, está redactado en catalán).
Objetivo Lima, que como é natural anima aos seus visitantes a deixar o voto na casa, semella o paradigma do blog que vai ao gran: textos e imaxes, e pouco máis, postos ao servizo da información dada sobre os responsables do caderno, unha parella de mozos estremeños que están arestora de viaxe por Sudamérica e terras de Oceanía. O caderno en cuestión acapara neste intre o 44,% dos votos sobre o resto dos seus competidores: un total de 857 votos.
Polo que respecta a Lavoltadels25.cat, dicir que é un blog escrito en catalán que compite na súa categoría con outras catro bitácoras de todo o mundo redactadas en linguas do máis variado: todas elas diferentes do inglés. Neste intre, o caderno en cuestión acapara unha voa parte dos votos: 597 ou, o que é o mesmo, o 72% do total. Detrás deste espazo hai web, por certo, atópase un xornalista con 25 anos acabados de cumprir (de aí o nome do blog) enfrascado dende hai un ano na teima de dar a volta ao mundo cos seus propios medios. O seu obxectivo, máis polo miúdo, é entrevistar a 25 mozas e mozos da súa mesma idade en diferentes países, a poder ser (claro está) 25. A longo prazo, a idea que sostén o blog é construír un libro con todo este material de experiencia viaxeira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?