
Por certo que unha das produtoras, Perro Verde Films, acode cun especial recoñecemento previo: foi nomeada aos premios Cartoon Movie Tributes 2008 pola longametraxe de animación O lince perdido.
Dygra Films, pola súa parte, presentará no mercado Holly Night!, Continental fará o propio cos seus proxectos de animación máis recentes entre os que se atopa A flor máis grande do mundo, e Bren dará conta dos detalles do seus novos tres proxectos fílmicos arestora en fase de desenvolvemento: Cracks, Copito de neve e un terceiro sobre o Camiño de Santiago. Polo que respecta a Abano, a súa arela é establecer contactos de promoción en Lyon para darlle o máximo pulo á súa nova película en 3D, A tropa de trapo, e máis ao filme para nenos Cóntame un conto.
Ficción Producciones, pola súa banda, acode ao mercado con dúas producións de animación: A pequena serea, onde se mestura animación con imaxe real, e unha curtametraxe de 10 minutos de duración, A pequena gran aventura, en fase de desenvolvemento e realizada con técnica estereoscópica.
Seis empresas galegas acoden á feira Cartoon Movie cos seus produtos de animación
Compartir Este Artigo

