Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sanidade reforza as posibilidades de cidadanía dixital das súas webs
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sanidade reforza as posibilidades de cidadanía dixital das súas webs

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/03/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sergas_cidadania.jpgA Consellería de Sanidade segue a reforzar a súa achega web cun duplo obxectivo que se complementa a si mesmo: subministrar máis información á sociedade e facer máis doado o acceso a esa información. Nesta liña é onde se insiren os novos servizos incluídos dende hoxe nas páxinas web www.galiciasaude.es e www.sergas, recursos entre os que se inclúe unha canle para formalizar encontros co persoal médico e probas en hospitais. Neste novo apartado, amais da posibilidade de consultar información persoal de citas e consultas (tanto as confirmadas como as rexistradas pendentes de data e hora), o internauta terá ao seu alcance tecnoloxía avanzada para garantir a confidencialidade dos datos: o acceso será controlado mediante o emprego dun certificado dixital que achega a garantía da identidade do usuario que accede.
Segundo informa Sanidade, a canle de comunicación entre o servidor e o equipo que fai a consulta está tamén encriptada para asegurar a confidencialidade dos datos. Por certo que este recurso é en certa maneira unha ampliación e unha mellora do posto en marcha en decembro de 2007, que posibilita a comunicación en liña cos pacientes para consultar a súa situación persoal na listaxe de espera cirúrxica.
O paquete de novidades incluídas nos devanditos espazos da Consellería de Sanidade complétase cun portal específico orientado á cidadanía (dende o que se pretende facer o máis doada posible a comunicación coa sociedade e a achega de recursos, todos eles clasificados e ofrecidos dun xeito moito menos disperso) e un apartado en liña para o envío de suxestións e queixas relacionadas cos centros e unidades onde estea implantado o Sistema de Xestión denominado QUERES. Subliñar que QUERES é un programa dirixido a asegurar o cumprimento dos dereitos sanitarios das galegas e dos galegos, e para facer uso del só teremos que cumprimentar o formulario electrónico que se incorporará ao respecto.
Polo que respecta ao portal para a cidadanía, dicir que entre outras cousas inclúe unha Oficina virtual destinada a servir de punto de unión entre a sociedade e administración sanitaria: nela, estaremos en disposición de facer os trámites máis comúns relacionados coa saúde como son a cita en Atención Primaria, o cambio de médico, ou a solicitude de tarxeta sanitaria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?