Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Valedor do Pobo alerta dos perigos na Rede para os máis pequenos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Valedor do Pobo alerta dos perigos na Rede para os máis pequenos

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/03/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Triptico.jpgInternet é como queiramos que sexa: o uso que lle deamos e como nos comportemos determinará a súa propia natureza. Se de algo é culpable a Rede é de favorecer a cuestión do anonimato, pero nin sequera isto depende cen por cen dela: en realidade, non fai máis que reproducir as cousas malas e boas da sociedade que lle deu acubillo. Sen deixar de lado a necesidade de informar polo miúdo de todo aquilo que ten de positivo (coñecemento, comunicación, lecer), para o Valedor do Pobo hai unha realidade que se impón: cómpre non deixar nunca de lado o feito de que pola Rede tamén se coa o que de negativo ten o sistema social actual para os máis pequenos. Neste senso, e sen caer no recurso doado de identificar a Internet con delito, calquera iniciativa de sensibilización que se faga é pouca.
Precisamente nesta liña de dar a coñecer a realidade polo miúdo da Rede é onde se insire a nova proposta do Valedor para os colexios galegos: a distribución entre alumnos de Infantil e Primaria de 100.000 exemplares dun tríptico dirixido a fomentar o emprego seguro das novas tecnoloxías por parte dos menores.
O material en cuestión, que segundo apunta a oficina do Valedor vén escrito na linguaxe máis directa posible, achega recursos e consellos para aplicar ás máis diversas ferramentas: chats, correos electrónicos ou redes sociais.
A idea básica da iniciativa, neste senso, é informar de que é principalmente nesas ferramentas onde, do mesmo xeito que se achega información propia, tamén é requirida por outros usuarios, e estes non sempre teñen a mellor das intencións. A guía, que tamén vai dirixida a concienciar a pais, mestres e titores, informa polo miúdo dos riscos de navegar pola Rede sen contar coa supervisión familiar axeitada ou do profesorado, e mesmo dá conta do perigo de facilitar datos persoais ou de terceiros por medio da Rede. Entre outros consellos, a guía ofrece os seguintes: fuxir do intercambio de datos con estraños, preservar en segredo claves e contrasinais de emprego particular, pedir sempre o asesoramento de pais ou mestres ou solicitar a axuda dos maiores á hora de facer un rexistro en redes ou chats.
O tríptico tamén recomenda o uso de nicks ou pseudónimos para preservar a intimidade dos usuarios.
A través desta proposta, informa a oficina do Valedor, os alumnos e alumnas poderán aprender que a descarga de arquivos ou programas que non se coñecen é tamén perigosa, ao existir aplicacións espía que se instalan nos ordenadores “para roubar o que hai neles e para cometer delitos”. A guía tamén fai fincapé no coidado que hai que ter á hora de colgar fotos sen permiso dos retratados ou de abrir webs persoais ou blogs sen coñecemento dos pais ou dos titores. Para rematar, o Valedor aconsello aos usuarios máis pequenos da Rede que informen polo miúdo e decontado de calquera cousa estraña que localicen durante as súas sesións en Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?