Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: España ponse no posto 16 a nivel europeo en uso empresarial da Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

España ponse no posto 16 a nivel europeo en uso empresarial da Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/03/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

empresa_online.jpgEspaña segue a dar, en cuestión de afianzamento das novas tecnoloxías da información, algo intermedio situado entre a calor e o frío. Se cadra, e se atendemos á nova investigación de Fundetec sobre o impacto das ferramentas dixitais na pequena e mediana empresa do país, dá máis do segundo que do primeiro: arestora atópase no posto 16 da Unión Europea do devandito parámetro e dun total de 25. No Informe ePyme 2008, que Fundetec centrou no estudo pormenorizado do nivel de introdución TIC en oito grandes sectores da economía española (loxística, transporte, hostalería, turismo rural, téxtil e confección, calzado, viticultura e comercio minorista), inclúese tamén unha clasificación de cada unha das eivas atopadas e achegas en detalle das posibles iniciativas a seguir para corrixilas. Con todo, e segundo se informa en Bandaancha.eu e Internautas.org, os datos son desalentadores.
En certa maneira, a investigación non ofrece nada novo e que non se soubera: sabíase que canto máis pequena é a empresa en cuestión, menos posibilidades ten de estar en liña e menos aínda de contar co máis mínimo equipamento tecnolóxico. En España, e en Galiza sobre todo, a situación agrávase se temos en conta que as microempresas son o corpo principal do tecido produtivo. A penetración do computador neste eido, como se dixo, varía moito se atendemos ao tamaño da firma avaliada. Entre as máis pequenas, as de ata dous empregados, non abondan os equipamentos TIC: a taxa é só do 54,7%. O chimpo cuantitativo prodúcese nas microempresas de tres a nove traballadores: nelas a situación estabilízase e, en base a isto, estaríamos a falar dunha maioría equipada.
Polo que respecta á telefonía móbil, segue a ter boa aceptación: está ser usada no 92,9 das pequenas e medianas empresas. No caso das microempresas cae ata o 70%. Polo que respecta a Internet a porcentaxe de pemes que fan uso da Rede é do 94,3%. No eido das máis pequenas, a taxa diminúe ata situarse no 48%.
No informe tamén se reflicte a cantidade de firmas que dispoñen de web propia: o 52%. Isto polo que respecta ás pequenas e medianas empresas. Nas micros, a presenza en liña cae ata o 20,8%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?