Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo desvela os seus obxectivos para 2009: afondar na competencia apoiándose na cooperación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo desvela os seus obxectivos para 2009: afondar na competencia apoiándose na cooperación

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/03/2009
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ineo_vigo_certificados.jpgMalia o axitado da superficie e o cambiante dos seus límites, a actividade económica do dixital é un espazo do que se pode obter unha folla de ruta. Hai uns cantos puntos de referencia cos que de xeito inevitable nos damos de fronte. Un dos máis salientables é a innovación, e outro, a súa consecuencia máis directa: a competitividade. O sector das novas tecnoloxías do coñecemento, a fin de contas, vai desvelando paseniño os seus misterios. En certa maneira, constitúe un gran xogo de mercado onde diferentes empresas agrupadas en diversas frontes se axudan unhas a outras facendo tamén entre elas o que teoricamente menos lles convén: competir. Este, o da cooperación na rivalidade é o presente da asociación empresarial Ineo, fronte galega de empresas TIC que, segundo fai saber estes días co gallo da presentación dos seus obxectivos estratéxicos, asume o futuro coma unha prolongación e unha ampliación desa teima por innovar e producir.
A maiores, no que se basea o seu programa é en mellorar o coñecemento a través da investigación de novos mercados e a posición a nivel nacional e internacional das empresas galegas no sector. Isto, lonxe de representar a delimitación duns límites no eido da colaboración, en realidade tíraos abaixo. Do que se trata, informou Ineo estes días nun acto convocado na Zona Franca de Vigo (con continuidade mañá en Santiago), é de tender ao desenvolvemento de proxectos conxuntos non só con empresas do propio sector, senón coas dos restantes tecidos produtivos.
Con este fin, a fronte empresarial TIC está integrada dentro das catro confederacións empresariais provinciais e ao mesmo tempo no marco da Confederación de Empresarios de Galicia. Por certo que para a asociación, os eixes de colaboración non se esgotan na nosa xeografía: as administracións nacionais e os clústers e confederacións empresariais do resto do Estado constitúen a xuízo de Ineo importantes apoios para un eido de actividade concreto: a posta en marcha de proxectos conxuntos que acaden obxectivos que, de xeito individual, dificilmente poderían acadarse. Nesta liña precisamente é onde se insire a integración de Ineo na Asociación Española de Empresas TIC (AETIC) e na Confederación Nacional de Empresas TIC (CONETIC), na que por certo ocupa a vicepresidencia.
Durante a presentación dos programas de actividade presente e futura da asociación galega de compañías vinculadas ao dixital, tamén se fixo fincapé nos proxectos para 2009 (incluídos dentro do seu Plan Operativo) en materia de divulgación, o principal piar de apoio dunha sociedade, a do coñecemento, que por nova, precisa máis que ningunha outra de linguaxes claras que falen dela: informes de competitividade anual, elaboración e presentación de guías, solucións para os empresarios dos distintos sectores, execución de accións formativas para o persoal das empresas asociadas, plans de especialización profesional no fomento da implantación de sistemas de calidade nas empresas, etc.
Asemade, e sen saírmonos desta liña de traballo a prol da innovación e a competitividade, Ineo deu a coñecer o seu compromiso a prol de pechar o círculo: no eido do mercado actual onde tantos países e compañías entran en xogo procedentes de todos os recantos do mundo, non abonda con sermos competitivos, cómpre amosalo. Deste xeito, dentro da súa liña estratéxica cobra especial importancia a aposta pola acreditación, máis concretamente a que vén da man das certificacións de calidade nas empresas. O traballo de Ineo, neste senso, non será especialmente novo, pero si que xorde coa arela de ser máis fondo: do que se trata é de continuar o labor desenvolvido nos últimos dous anos a prol deste tipo de implantacións e que, logo de 51 proxectos, deu como resultado a achega paulatina de certificacións de calidade a máis de trinta empresas do sector.
A xornada celebrada en Vigo, informa a asociación TIC, tamén serviu para facer entrega dos correspondentes certificados acreditativos ás firmas que foron quen de rematar con éxito o dito proceso de implantación. Para achegar un por un os avais, o acto contou coa presenza dun representante da empresa certificadora: Albert Canadell, responsable de mercado de Det Norske Veritas (DNV).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?