Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O apagamento analóxico chega o 30 de xuño a trinta e nove concellos da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O apagamento analóxico chega o 30 de xuño a trinta e nove concellos da Coruña

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/03/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tdt_diptico.jpgA entidade ImpulsaTDT, centrada como o seu propio nome indica en conseguir que non fique un só segredo por desvelar relativo á Televisión Dixital Terrestre, vén de dar a coñecer os datos referidos ao proceso do apagamento analóxico na provincia da Coruña. Segundo conta a entidade, o 30 de xuño de 2009 o devandito proceso de substitución definitiva dunha tecnoloxía (a analóxica, a de toda a vida) por outra (a dixital, de meirande calidade de imaxe e son e con maior oferta de programas e opcións de interactividade) afectará a 39 concellos da provincia. Isto significa, entre outras cousas, que pasarán a recibir de xeito exclusivo o sinal da televisión pola nova infraestrutura e sen posibilidade de volver atrás. Máis concretamente, indica ImpulsaTDT, a cifra de coruñeses afectados por este primeiro cese de emisións será de arredor de 330.000 persoas, chegando os números a nivel español aos 5 millóns de cidadáns.
Por certo que dada a proximidade do proceso, a provincia da Coruña, que forma parte da fase primeira do Plan Nacional de Transición, vai ser obxecto nas vindeiras semanas dun reforzamento na estratexia divulgativa sobre as vantaxes, funcións e características da TDT.
Baixo o lema A TDT adiántase na túa localidade, os 39 concellos devanditos acollerán a distribución de folletos informativos, porta por porta, encamiñados a relembrar os pasos precisos para levar a cabo de xeito correcto a transición, entre os que se inclúe a adaptación das antenas colectivas (hoxe en día, un eido non traballado como sería de agardar: calcúlase que aínda restan en toda España 60.000 edificios con estas infraestruturas pendentes do proceso de adaptación).
A continuación, damos conta da listaxe de concellos afectados: Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Frades, Lousame, Mazaricos, Melide, Mesía, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Outes, Padrón, O Pino, Porto do Son, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?