O laboratorio CartoLab da
Área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría da ETS de Enxeñería
de Camiños, Canais e Portos da UDC organiza un Curso
práctico de Sistemas de Información Xeográfica, co que pretenden que
os asistentes obteñan unha visión global dos SIX e aprendan, a través de
actividades prácticas orientadas á enxeñería civil, as nocións básicas para o
manexo dos instrumentos de análise territorial. Farase uso principalmente da
aplicación gvSIG, terá unha duración de 20 horas e desenvolverase na Aula de
Informática da Escola de Caminos os días 25, 26 e 27 do presente mes.
Curso práctico de SIX con gvSIG na UDC
Compartir Este Artigo
