Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A dixitalización do casco histórico de Compostela estará dispoñible en 2010
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A dixitalización do casco histórico de Compostela estará dispoñible en 2010

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/03/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Na imaxe, os tellados da cidade vella de Compostela vistos por Isidro Cea.
Na imaxe, os tellados da cidade vella de Compostela vistos por Isidro Cea.
As cidades, paseniño pero sen pausa, vanse abrindo espazo na Rede coma o fan no real. A idea daquelas persoas, entidades ou empresas que traballan na súa virtualización é dupla. Por unha banda preténdese pór os espazos urbanos a disposición dos internautas, estean estes onde estean, de igual xeito que estarían á súa disposición se os internautas estivesen presentes. Trátase polo tanto de achegar unha experiencia o máis semellante posible a unha visita real, pero con engadidos de información extra.. Por outra banda, o camiño da virtualización é un camiño de aproveitamento de recursos para un traballo de xestión e control máis doado.
De todo isto trata precisamente o proxecto de dixitalización do patrimonio histórico de Santiago no que traballa arestora a empresa Esri, especializada en xeodocumentación. A iniciativa, da que dá conta hoxe El Correo Gallego, foi posta en marcha polo Instituto Xeográfico Nacional, o Concello e o Consorcio de Santiago e o Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe. A idea, como dixemos, é ofrecer unha cidade virtualmente visitable e accesible (a partir de 2010) e, asemade, unha ferramenta que facilite a xestión dos elementos patrimonios por parte das institucións ou entidades responsables.
Por certo que esta segunda función estará dispoñible para os xestores do Consorcio dende este mesmo ano, en boa medida para levar a cabo accións de conservación grazas a tecnoloxías que mesturan a información territorial e a documental. Logo do ano 2010, abriráselle a porta á cidadanía para ter acceso aos contidos multimedia e ás visitas de tipo virtual.
O proxecto-ferramenta achegaralles aos xestores recursos de especial utilidade para ter a información máis ampla posible sobre o seu eido de traballo: visualizacións de todos os edificios ou monumentos históricos nun contexto xeográfico exacto e con indicacións pormenorizadas sobre o seu devir ao longo do tempo (intervencións, reconstrucións, rehabilitacións, etc).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?