Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Auguran en Compostela a gran revolución comunicativa do futuro: a da telefonía móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Auguran en Compostela a gran revolución comunicativa do futuro: a da telefonía móbil

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/03/2009
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

feuga_bicgalicia_bankinter.jpgComparable só á revolución desencadeada pola televisión ou Internet, a pegada social dos móbiles vai alén da conseguida por estas dúas tecnoloxías. Isto explícase pola súa aceptación e polo seu elemento de continuidade (aseméllase ben ao teléfono de sempre): apenas hai xente hoxe en día que non teña este trebello e o seu uso é probablemente a primeira ponte interxeneracional que vemos dende hai tempo. De feito, a diferenza dos computadores (que crea máis desconfianza), o móbil, aínda que sexa nas súas funcións máis básicas (facer e recibir chamadas), é para moitas persoas maiores un xeito de comunicarse co mundo e, tamén, de estar no mundo. Así, malia que os analistas non os sinalen como instrumentos de entrada ao dixital e malia que moitas veces o uso que lles damos non é o correcto (en países como Islandia, identifícanse con todo aquilo que vai en contra da tranquilidade), poden ser radical e definitivamente algo máis que un obxecto de comunicación. Albiscar no futuro e na súa potencialidade foi o obxectivo do encontro convocado hoxe en Santiago por BIC Galicia e Feuga: un encontro dirixido a mudar a nosa percepción sobre un aparello que, para ben ou para mal, vai xa connosco a todas partes.
Máis polo miúdo, a xuntanza serviu para dar a coñecer as conclusións do informe Tecnoloxías móbiles: apertura e novos modelos de negocio que vén de elaborar o foro de expertos da Fundación Bankinter. Por certo que a presentación contou cun convidado de luxo: Shahram Niri, director de estratexias de Nec Europa, multinacional xaponesa fabricante de dispositivos móbiles e produtos vinculados a redes e servidores. Niri, que amosou un punto de vista positivo perante a crise internacional, sinalou aos móbiles como aparellos integrantes de todo o paquete de cousas e servizos que a xente, malia todo, vai seguir empregando.
Ao seu xuízo, cómpre ollar esta tecnoloxía como un mundo cambiante que muda perante os nosos ollos, mentres sostemos o dispositivo na man: a televisión e a Rede tardaron un tempo en afianzarse, pero no tempo que requiriron para este obxectivo, xa había en moitos países máis móbiles que persoas. As cifras neste senso poñen de manifesto un gran potencial: a ratio de penetración a escala do mundo está neste intre por riba do 60%, e en países como Francia ou Reino Unido, a penetración vai alén do 100%.
Amais de cifras e detalles de natureza técnica, Niri achegou en Compostela un interesante percorrido polo móbil a través de tres treitos: pasado, presente e futuro. Ao seu xuízo, están á vista de calquera as consecuencias inmediatas da proliferación e desenvolvemento do aparello: a máis e mellores móbiles e servizos, máis firmes son as probabilidades de que a xente os empregue para conectarse a Internet, para establecer comunicación interactiva con calquera en calquera lugar ou para localizar persoas ou produtos segundo sexa a súa situación. Se antes os servizos de voz eran servizos de luxo (recibíanse sen esixir ningún outro, e custaban ata 75 céntimos de euro por minuto), comentou, hoxe asistimos á voz como un elemento básico que paseniño pero sen pausa vai adquirindo feitura e fondo de fluxo multimedia. No futuro, estámolo albiscando xa, o eido da telefonía móbil amosará finalmente ás claras ata que punto discorreu paralelo á socialización de Internet: un proceso onde os usuarios finais pasan a formar parte da cadea de valor, tal e como se pode ver xa en Facebook ou Twitter. A xuízo de Niri, a telefonía corre a toda velocidade cara a esa mesma situación: un sistema baseado nas persoas que non forman parte directa da empresa pero si que participan activamente da experiencia.
Asemade, haberá máis converxencia tecnolóxica nas telecomunicacións, e non só haberá canles para a comunicación entre individuos, senón que tamén as máquinas terán a súa oportunidade, interrelacionándose entre elas por medio de chamadas e cos fins que sexan precisos. Por exemplo, favorecendo a fluidez da propia comunicación, do mesmo xeito que farán entre si os propios vehículos nos que viaxamos cando nos despracemos por espazos onde se requiran optimizacións da circulación. Este tipo de diálogo entre máquinas, puntualizou, será incluso máis frecuente que o humano.
Para Niri, o paquete de previsións sobre a potencialidade do móbil non se esgota nesta entrada en xogo das máquinas achegando intelixencia: haberá fusións entre empresas, novas oportunidades de negocio, movemento incesante, colaboración entre compañías perfectamente compatible cun equilibrio de competitividade (tal e como se está a ver hoxe en día en determinadas frontes empresariais) e, sobre todo, achegas ao mercado baseadas no usuario. Neste senso e de xeito paradoxal, o movemento a seguir asume dúas direccións contrarias que probablemente acaben por encaixar: por unha banda entrarán máis en xogo as máquinas e pola outra todo tenderá a ser máis humano, máis doado de empregar, máis converxente. “En certa maneira”, engadiu Niri, “asistiremos con este afianzamento e medre da telefonía móbil e das súas redes á creación dunha banda ultralarga ao servizo da transmisión intelixente de datos”. Esta banda, sinalou, estará suxeita a unha meirande marxe de autoxestión: amañarase e controlarase de xeito independente á intervención humana. Amais disto, augurou, as fronteiras entre os diferentes servizos confirmarán a tendencia a desaparecer que xa se pode rexistrar hoxe a certos niveis, chegando as operadoras a un tipo de control moito menos agresivo da súa rede: “Tirarán abaixo a reixa que controla hoxe en día o seu propio xardín”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?