Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGANET presenta unha guía para evitar a fuga de talentos cara ás grandes empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGANET presenta unha guía para evitar a fuga de talentos cara ás grandes empresas

Fernando Sarasketa
Publicado: 16/03/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

eganet_guia.jpgO talento e a cualificación adoitan a ter na nosa terra, dende tempos inmemoriais, un movemento principal: de dentro cara á fóra. Isto foi e é así en todos os sectores empresariais, institucionais ou vinculados á investigación e docencia, non sendo unha excepción á regra o eido das novas tecnoloxías do coñecemento. En contra do que podería agardarse, por ser o dixital un mercado de amplas posibilidades no contexto galego (un mercado de expectativas de medre por achegar elementos diametralmente opostos aos que motivaron a crise internacional), os profesionais galegos non sempre atopan na súa terra as condicións que lles parecen idóneas. E isto, informan entidades empresariais como EGANET, malia que non haxa nada que probe que a situación ofrecida vaia ser mellor en compañías de meirande tamaño e situadas fóra da nosa xeografía.
Co obxectivo de reducir na medida do posible esta sangría de talentos, a dita asociación tecnolóxica vén de presentar a Guía referencial dos salarios do sector TIC en Galicia. O informe-manual, dado a coñecer este mesmo luns pola mañá en Compostela, achega como o seu propio nome indica información de primeira orde para os/as profesionais e para as empresas do eido do coñecemento TIC.
O traballo, segundo informa EGANET o primeiro destas características que se publica, foi avaliado nos seus detalles pola presidenta da asociación, Beatriz Legerén, quen estivo acompañada no encontro de hoxe cos medios pola directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, e máis polo responsable de Proxectos da Consultora Vitae, Marcos Carbonell.
Elaborada a partir dun alicerce de máis de 120 profesionais en 2008, o estudo vai dirixido a reflectir os datos reais das competencias, responsabilidades e retribucións salariais das diferentes categorías laborais. A idea é favorecer os estudos de mercado que poidan levar a cabo as pequenas e medianas empresas, en Galiza as máis abondosas en calquera sector (incluído o das novas tecnoloxías): grazas á guía contarán cun coñecemento máis fondo do tecido e maquinaria produtivos e tentar evitar, deste xeito, a fuga de talentos que se rexistra dende estas firmas ata as de meirande envergadura.
Segundo os responsables do traballo, cómpre salientar tamén o valor do mesmo como parte informativo fiable ao proceder das máis directas fontes posibles e non se ter apoiado en enquisas ou estimacións.
A guía, que consta de setenta páxinas, divídese en tres partes, unha por cada grupo profesional: dirección, explotación/produción e comercial. Segundo informou EGANET, nos tres casos descríbense as competencias e responsabilidades de cada un dos postos, así como o salario mínimo, medio é máximo consonte ao nivel dos profesionais (junior, medio, sénior e experto). Por certo que o informe tamén pon de relevo os recursos humanos máis difíciles de atopar en Galiza, concretamente os perfís comerciais con experiencia no sector e, tamén, os profesionais centrados nos desenvolvementos tecnolóxicos máis concretos.
Durante a presentación da guía en rolda de prensa, a directora xeral en funcións de Promoción Industrial e Sociedade da Información fixo mención a última Enquisa á Poboación sobre a Sociedade da Información en Galiza do ano 2008”, de acordo coa cal e de seguir co ritmo de converxencia reflectido, “no ano 2010 acadaranse, como estaba previsto, os indicadores do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI)”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?