Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno apoio o impulso do DNIe cun investimento de 14 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno apoio o impulso do DNIe cun investimento de 14 millóns de euros

Raquel Noya
Publicado: 16/03/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

DNIe.jpgNa actualidade, máis de 9 millóns de españois dispoñen xa de DNI Electrónico, un documento que, entre outras cousas, permítelle aos cidadáns relacionarse a través de Internet acreditando unha identificación e unha sinatura electrónica segura para tratar coas empresas, as Administracións Públicas e outros particulares.
Dende o seu lanzamento en 2006, o Goberno destinou uns 150 millóns de euros para o apoio e despegue deste documento que está a demostrar “ser unha oportunidade para acelerar a implantación da Sociedade da Información en España e situar o noso país entre os máis aventaxados do mundo no emprego das TIC”. Así o veñen de declarar os responsables desta ferramenta que a partir de agora disporán doutros preto de 14 millóns de euros para promocionala entre toda a cidadanía.
De feito, o pasado venres, o Consello de Ministros aprobou un acordo polo que se autorizan a prórroga, o reaxuste de anualidades e a modificación de actuacións do acordo entre a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información e a entidade pública empresarial Red.es para a encomenda de xestión de actuacións de apoio ao despegue do novo Documento Nacional de Identidade Electrónico (DNIe).
O acordo supón un novo impulso ao DNI electrónico, cun investimento adicional de 13,92 millóns de euros, que se engaden aos 42,99 millóns de euros xa destinados a este ámbito pola Secretaría de Estado, e establece a prórroga do prazo de vixencia do acordo, suscrito o 4 de xuño de 2007, ata o 31 de decembro de 2010, así como a ampliación do prazo de execución de actuacións ata dita data.
As actividades previstas no devandito acordo para o fomento do uso do DNI Electrónico clasifícanse en tres grupos:
-Actuacións destinadas a cidadáns para xeralizar o emprego do DNI Electrónico como ferramenta de seguridade da información na sociedade, contemplando para iso accións de difusión da información, formación e soporte que estimulen o interese dos cidadáns polo emprego do DNIe.
-Actuacións destinadas á oferta de servizos e aplicacións cuxo obxectivo é impulsar o desenvolvemento de servizos e aplicacións confiables para estimular o emprego do DNIe, dinamizando para iso á industria das tecnoloxías da información e aos prestadores de servizos de alto impacto e interese para os cidadáns.
-Actuacións de carácter horizontal para a xestión do proxecto e realización de estudos para identificar novas barreiras e estímulos para a adopción do DNI Electrónico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?