
Este cambio no xeito de entender os contidos adultos desenvolverase durante os vindeiros meses, pois deberán definir claramente o que é un contido adulto, preparar métodos sinxelos e fiables para diferenciar entre os distintos tipos de contidos, garantir que os provedores de bens e servizos na actualidade poidan manter a súa actividade no futuro sen problemas nin interrupcións e implementar un sistema efectivo de verificación de idade impedir o acceso a contidos adultos por parte de menores.
Estes cambios serán a longo prazo, de aí que estean a analizar con sumo coidado os pasos a dar, aínda que na actualidade menos dun 5% das parcelas de Second Life poderían considerarse adultos e precisarían dunha mudanza, e aínda que algúns poidan pensar que o afastamento dos contidos para adultos poida ser un problema, as súas consecuencias poderían ser xusto o contrario, pois a centralización de certas actividades podería potencialas.
Second Life segregará os contidos adultos
Compartir Este Artigo
