
Máis polo miúdo, serán 1.700 os empregados que van ter que deixar a compañía co obxectivo (a xuízo dos directivos) de salvala. A parecer, sinalan, este é o único xeito de recurtar os gastos produtivos e garantir a competitividade da firma ante “a previsible caída de vendas de 2009”.
A multinacional, que tiña ata agora nas súas mans máis dun terzo do mercado, vén de advertir un recrudecemento da crise económica e naqueles sectores que nun principio pouco ou nada tiñan que ver con ela, como son os vinculados ás novas tecnoloxías da información e ás telecomunicacións. Por certo que a cifra dada hoxe a coñecer por fontes internas da propia compañía supón a peor das previsións posibles, logo de que Nokia recoñecese en xaneiro que estaba a estudar o despedimento de 850 traballadores. O proceso será especialmente cru en países como Finlandia, onde unhas 700 persoas veranse forzasemente obrigadas a abandoar a empresa.
Tamén se prevé un elevado número de despidos en Estados Unidos e Gran Bretaña.
Nokia mandará á rúa a 1.700 traballadores
Compartir Este Artigo

