Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Empresas familiares de Lalín incorpóranse ao portal Granxafamiliar.com
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Empresas familiares de Lalín incorpóranse ao portal Granxafamiliar.com

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/06/2008
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

granxa_familiar_acto_presentacion_lalin.jpgHoxe a Universidade de Santiago acolleu a presentación dun proxecto que, en certa maneira, é xa un vello coñecido de Código Cero: Granxafamiliar.com, unha páxina web e tenda en liña para distribuír cara ao mundo produtos galegos do rural dos concellos de Brión e Antas de Ulla. A plataforma, que foi anunciada xa hai meses no propio ámbito da USC e –hai pouco– nunhas xornadas na Estrada sobre as posibilidades de Internet na Galiza non urbana, atópase neste intre plenamente operativa. Iso, a súa posta en marcha e o que esta significa (unha oportunidade de facer riqueza na Rede que se perdeu e que agora os galegos tentamos recuperar) foi o miolo da presentación de hoxe no Colexio de San Xerome da Universidade.
O acto, dirixido polos responsables da creación do portal (o Grupo de Investigación GIS-T Idea da USC), contou coa presenza de representantes dos devanditos Concellos, da Cooperativa Feiraco e de Cáritas Diocesana de Santiago, aos que se sumou un novo participante: o Concello de Lalín. De feito, ese foi outro dos obxectivos da xuntanza ante os medios de comunicación: dar a coñecer a incorporación deste novo socio e, máis concretamente, das explotacións rurais do ámbito familiar que, procedentes deste termo municipal, únense agora ás xa integradas de Brión e Antas de Ulla.
Durante o acto en San Xerome (na imaxe), no que tamén se aproveitou para explicar a fondo as características da iniciativa, asinouse un convenio de colaboración entre os responsables primeiros de Granxafamiliar.com e o alcalde de Lalín, Xosé Crespo.
Sobre o espírito de Granxafamiliar.com
Granxafamiliar.com é en certa medida un proxecto de inspiración irlandesa, país no que xa hai anos que se están a dar iniciativas da maneira, xeradas no eido rural e ó abeiro do cooperativismo e das asociacións de tipo veciñal (clubs sociais, clubs de fútbol, clubs de mulleres do rural, etc). Por certo que esta cuestión en concreto, a de como en Irlanda se apostou dende hai anos por empregar máis Rede ca infraestruturas puramente físicas (o contrario có caso galego) foi tratada polo miúdo hai uns cantos meses en Compostela polo profesor Patrick O´Flanagan (da Universidade de Cork). En certa maneira, unha das conclusións ás que se chegou no dito encontro e noutros semellantes foi a seguinte: a aposta de Galiza polas infraestruturas foi incompleta e perdeuse a oportunidade de pór en valor unha boa parte do seu territorio co emprego racional das redes da información. Segundo os responsables de Granxafamiliar.com, debaixo deste portal latexa un fin ben claro: recuperar o camiño deixado atrás e, xa que logo, abrir novas vías para que outras empresas e cooperativas do rural galego gañen en competitivade co uso do dixital.
Máis polo miúdo, Granxafamiliar.com abrangue ata o de agora (sen contar coas da nova incorporación, as do Concello de Lalín) unhas 15 explotacións familiares dos concellos de Antas de Ulla e Brión. En liñas xerais, a medida consiste en poñer ó alcance da man destas familias as vantaxes de xestión, promoción e distribución que achega Internet. Con este obxectivo, cada granxa conta na dita plataforma web cun espazo propio para o seu uso, un microsite onde presenta os seus produtos concretos, ofrecendo servizos de información e a posibilidade de recibir visitas. Detrás deste proxecto (agora xa unha realidade) está, como dixemos, a Fundación Feiraco (en labores de financiamento), o Grupo Gis-T-Idega e a Universidade de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?