Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Representantes da programación aberta únense á campaña 100% software legal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Representantes da programación aberta únense á campaña 100% software legal

Fernando Sarasketa
Publicado: 20/03/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

05_libertades_software_libre.jpgO Ministerio de Industria e entidades como AETIC ou BSA están a promover estes días unha campaña dirixida a fomentar entre a cidadanía e os empresarios da distribución e produción de equipos e servizos informáticos unha meirande sensibilización de cara ao uso racional do software. A campaña preséntase baixo o seguinte lema: 100% software legal e está previsto que se presente o vindeiro 1 de abril no Salón de Actos da Secretaría de Estado de Telecomunicacións de Madrid. Máis polo miúdo, a proposta (incluída no Plan Avanza 2) quere reafirmar a importancia do mantemento dun feixe de boas prácticas con respecto a un produto lexitimamente desenvolvido, o software legal, e de especial importancia non só para o sector das novas tecnoloxías da información (distribuidores e consumidores incluídos) senón tamén para o progreso económico do país.
A gran particularidade de 100% software legal vén da man do Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en fontes abertas (CENATIC), un órgano especialmente coñecido polo seu compromiso a prol da promoción do software libre e que vén de dar a coñecer o seu apoio á iniciativa lanzándose a facer fronte común con outras tendencias vixentes da produción de programas, máis pechadas e proteccionistas.
CENATIC, con motivo de explicar a súa concorrencia nesta proposta, sinala que á hora de defender a propiedade intelectual dos deseñadores informáticos, non pode haber grandes diferenzas entre unhas correntes e outras: todo é legal, o libre e o pechado, e todo merece ser respectado e sexa ao nivel que sexa.
Volvendo á campaña mesma, dicir que colle corpo sobre todo na súa web, habilitada hai pouco, dende a que se pretende divulgar información útil e de calidade que finalmente xere un cambio de rumbo na actividade comercial e nos hábitos de consumo e de uso dos programas informáticos. A idea é que o sector do software poida evolucionar ata chegar a converterse nun motor importante da economía española. Asemade, a iniciativa vai dirixida a salientar a importancia como certificado do selo 100% legal, que se agarda opere como un aval de calidade, confianza e compromiso co software legal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?