O servizo web para compartir presentacións en liña SlideShare (actualmente o máis utilizado para publicar na Rede presentacións de PowerPoint e outras aplicacións semellantes) vén de estrear unha versión móbil da súa web, compatible cos teléfonos intelixentes de nova xeración ou con terminais con Opera Mini (sen precisar da instalación de software adicional), de xeito que a busca e visualizacións de presentacións gaña en portabilidade, aínda que polo momento carece da opción de subir novos contidos.
Podemos facernos unha idea do potencial desta novidade a través da seguinte presentación:
SlideShare estrea versión móbil
Compartir Este Artigo
