
Segundo informa Wikileaks (vía Barrapunto), trátase dunha clasificación segreda que non só incorpora material ilegal, senón outros tipos de contidos non desexados.
A finalidade da relación de espazos en liña era a de atopar acubillo e distribución entre provedores de Internet para incluír as devanditas webs nos seus filtros de seguridade e bloquear así o acceso aos ditos sitios.
Como era de agardar, o Goberno daquel país xa procedeu a negar a súa responsabilidade sobre o devandito documento. Con todo, o escándalo está servido: tanto para a cidadanía, que ve como o proceso non responde totalmente a intereses obxectivos (hai no panorama Web millóns de páxinas moito máis prexudiciais cá dun dentista), como para as propias autoridades australianas, que consideran unha irresponsabilidade que se teña filtrado a clasificación.
Asemade, Wikileaks tamén ten motivos para o balbordo: logo de que se dese a coñecer o documento, viu como eran bloqueadas varias páxinas propias de seu ata quedar definitivamente fóra de liña. Por certo que a organización Reporteiros sen Fronteiras inclúe a Australia na súa propia listaxe dos doce inimigos principais de Internet.
Fíltrase a listaxe negra de webs que o goberno de Australia nunca che deixaría visitar
Compartir Este Artigo

