Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Parlament aposta no seu portal polo espírito plurilingüe e participativo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Parlament aposta no seu portal polo espírito plurilingüe e participativo

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/03/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

parlament_catalunya.jpgFacendo unha análise máis ou menos superficial da evolución das webs institucionais podemos chegar a dúas ou tres conclusións comúns a case todas elas: partiron do meramente expositivo e dunha feitura que tendía ao recargado a desprenderse de cada vez máis accesorios para ser, de xeito paradoxal, máis informativas á par que útiles. Isto, loxicamente, non se pode aplicar a todas (segue a haber espazos públicos en liña cen por cen inaccesibles, e outros, como algún que nos toca ben de preto, tardaron anos en apostar pola lingua que lles correspondía), pero si que semella certo que hai maior uniformidade ca nos eidos empresarial ou de nivel de usuario. Os motivos disto: a lei que obriga cada vez máis a ceibar Internet de lixo público (aínda que se cadra non tanto como se debera) e o efecto pique entre unhas e outras entidades. Esta situación, entre outras cousas, orixina de cando en vez algo semellante ao que acontece nos pelotóns das competicións de ciclismo: parece unha piña ata que alguén sae correndo. Nesta liña é onde se está a mover o Parlament de Catalunya co seu novo portal en Internet: unha web que sen ser gran cousa, constitúe un exemplo interesante de adaptación aos novos tempos e circunstancias da sociedade. Entre outros servizos, a posta ao día desta web en materia 2.0 (Web participativa) inclúe unha apertura cara a servizos como YouTube e redes sociais como Elines, Facebook e Twitter.
Ademais, ábrese a un máis amplo espírito plurilingüe, ofrecéndose á comunidade en liña en linguas como o galego, o éuscaro, o occitano e o inglés, amais do catalán e castelán.
Segundo conta estes días A Nosa Terra, a remodelación destas canles de comunicación co cidadanía incorpora novidades que implican directamente a todos e cada un dos residentes actuais no hemiciclo. Para que se entenda: a vaga 2.0 no Parlament de Catalunya deixa a cada un dos deputados e deputadas cun caderno persoal, blog, dende o que poderán ampliar a comunicación directa coa sociedade. Por certo que isto tamén é extensible ao presidente da Cámara, que conta cun espazo propio de seu encamiñado a responder ás cuestións propostas pola comunidade internauta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?