Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: P3P: novo paso a prol dun intercambio de música libre… e rendible
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

P3P: novo paso a prol dun intercambio de música libre… e rendible

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/03/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

p2p-3-aa6be.jpgPara unha boa parte da industria, as redes P2P son o espazo de mercado que se lles escapa ao seu pesar. Así, tendo en conta que se é industria é pola arela de beneficios, poderíamos dicir que a listaxe de tentativas de facerse co control destas xanelas abertas (e para elas improdutivas) que os internautas usan para compartir arquivos de xeito libre non foron nin deberon ser poucas. Algunhas destas accións amosaron mesmo antes de ser levadas a cabo a súa inviabilidade, pero outras, como a que está a poñer en xogo a Distributed Computing Industry Association (entidade que reúne a creadores de clientes P2P e provedores de Internet) teñen outro talante máis conciliador coa comunidade de usuarios destas redes abertas. A fin de contas, probablemente non haxa outra vía, agora que medio mundo probou o beneficio de compartir cancións e películas pola Rede sen pagar un can. Por dicilo dalgún xeito, a proposta de DCIA adopta un vieiro intermedio: non renuncia ao beneficio pero tampouco quere pecharlles aos internautas estes vantaxosos recursos.
De feito, para a asociación é inevitable aceptar que as P2P (eMule, Bittorrent, Soulseek e demais) están aquí para ficar. Tendo en conta isto, pregúntase a entidade, non se podería tirar proveito delas como nova canle de distribución agora que as tradicionais están en desuso? O obxectivo: establecer unha taxa por cada conexión de banda larga.
A idea é encamiñarse cara á posta en marcha dun modelo de negocio asumible para o común dos internautas (e que lles permita seguir gozando destas canles) coma o levado á práctica na Illa de Man, do que, por certo, xa temos falado nesta mesma web. Cómpre lembrar que este modelo supón a legalización a todos os efectos das redes P2P sempre e cando se pague un imposto sobre as conexións para compensar á industria e aos autores, pago que neste caso concreto é de unha libra o mes.
Con todo, a arela da DCIA apóiase nesta mesma base para ir alén dela: inclúe a posta en marcha dun grupo de traballo, o P3P Working Group, que estará ao servizo do goberno da devandita Illa e que terá o cometido de establecer as mellores prácticas para regular e rendibilizar a distribución en liña de música a través destas canles en liña. O P3P, que non é un novo servizo P2P, constitúe logo un feixe de pasos a seguir para tirar proveito económico do intercambio de arquivos. Estas son segundo se conta en bandancha.eu algunhas das súas funcións:
· Subministrar aos ISP a facultade de autorizar aos seus aboados a descargar e compartir a música en Internet empregando calquera medio de distribución en liña, incluído P2P ou descargas directas.
· Achegarlles aos propietarios dos dereitos de autor a opción de tirar rendibilidade do uso dos seus contidos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?