Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Afiánzase un novo tipo de actividade laboral: o traballo lonxe do traballo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Afiánzase un novo tipo de actividade laboral: o traballo lonxe do traballo

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/03/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

teletraballo-4.jpgSabíamos que o teletraballo lle gustaba aos empregados, pero non o tiñamos tan claro con respecto aos seus xefes. Con todo, hai estudos como o presentado estes días por Enter na sede de IE Business School de Madrid que sinalan precisamente cara a ese punto: cara a unha meirande aceptación das tarefas laborais feitas a distancia (grazas ás novas tecnoloxías) entre todos os ámbitos da empresa en xeral, non só entre os máis directamente implicados. Esta nova cultura do traballo, oposta diametralmente á aínda vixente estrutura empresarial interna de empregados á vista e no seu sitio, cobra pulo grazas precisamente ao desenvolvemento das redes e dos servizos da telefonía móbil. Segundo a investigación devandita, preto dun 30% dos traballadores das compañías españolas avaliadas leva a cabo este tipo de achegas a distancia. Asemade, un 42% dos mesmos reuniría todas as condicións precisas e necesarias para adherirse a esta nova vaga de contribución laboral.
Ou sexa: que pola natureza da súa actividade dentro da compañía non hai nada no plano teórico que lles impida que esta se faga dende o fogar, un local público ou as sedes ou domicilios dos seus clientes.
O estudo de Enter tamén subministra unha relación de todas as vantaxes (expectativas) que para o traballador medio que non teletraballa tería o feito de facelo: por orde de importancia, a mellora na conciliación traballo-familia dos empregados, o medre da produtividade e a mellora da satisfacción laboral.
Entre as conclusións da investigación tamén atopamos datos sobre o traballo virtual, o que se leva a cabo con outros membros da organización de xeito non presencial, ben a través do teléfono, fax ou correo electrónico e, en xeral, de outras tecnoloxías. Segundo os enquisados no estudo, apostando por este tipo de actividade laboral melloran moito os procesos de traballo, o medre da produtividade e as posibilidades de levar a cabo unha tarefa en equipo.
Polo que respecta ao futuro desta modalidade laboral nas organizacións, as empresas enquisadas aseguraron seguir desenvolvendo estratexias a prol do afianzamento das prácticas de traballo virtual e teletraballo, así como incrementar o número de persoas que participen nelas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?