Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova Zelandia recúa na loita contra as P2P e retira a súa lei dos tres avisos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova Zelandia recúa na loita contra as P2P e retira a súa lei dos tres avisos

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/03/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

p2p-4.jpgUn día máis aínda que por razóns distintas, seguimos a voltas co binomio antípodas-redes. Desta volta falamos de Nova Zelandia, un país que moito de nós identificamos só cos escenarios convulsos da saga cinematográfica inspirada en Tolkien e que no eido da cidadanía en Internet tamén ten para dar e tomar. Polo menos, así nolo fai saber a prensa internacional con motivo da lei dos tres avisos ao estilo neozelandés que estivo a piques de aplicarse no país e así nolo contan en Mangas Verdes, onde se ofrece estes días un completo resumo dunha historia de vou e non vou que é a breve pero intensa vida deste plan do goberno.
Por certo e para írmonos poñendo en materia: a dita lei dos tres avisos (que chamamos así polas súas semellanzas co plan Sarkozy) sería algo así como o carné por puntos pero en versión máis radical e aplicada a manter a legalidade na Rede: tal e como o seu nome indica, suporía o activamento da maquinaria xudicial para todos aqueles que levando a súa teima por baixar e subir arquivos en Internet, fixesen ouvidos xordos aos primeiros toques de atención e non rectificasen a súa actitude. A lei (que contaba por suposto co beneplácito da gran industria e dunha parte dos propietarios dos dereitos de autor das cancións ou filmes compartidos), ía encamiñada a impoñer fortes sancións a todos aqueles internautas que superaran a devandita liña.
Con todo, malia o interese do goberno do país por sacala adiante, semella que desta volta non puído ser: a presión cidadá exercida pola comunidade internauta, o buscador Google e a principal operadora daquel país, TestraClear (que se negaron a apoiar proxecto), resultou ser máis forte cá súa arela de castigar o grave delito de compartir arquivos pola Internet.
Sexa como sexa, e malia que unha parte importante dos usuarios de novas tecnoloxías da información están xa a celebrar o paso atrás do Goberno de Nova Zelandia, tamén é certo que hai moitas posibilidades de que as autoridades do país, no seu apoio aos requirimentos da RIANZ (que sería a equivalente á SGAE española), contraataquen en breve con outra proposta semellante e probablemente máis dura.
A intención da RIANZ, de feito, semella ser precisamente esa, e máis se temos en conta que xa ten emitido comunicados en relación á lixeireza da devandita lei dos tres avisos con respecto ao uso indebido do material protexido con licenzas de autor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?