A galega Bahía Software, unha compañía especializada en servizos de consultoría e tecnoloxías da información que botou a andar no 1999, celebra este ano o seu décimo aniversario, con un dos exercicios máis positivos da súa traxectoria: unha facturación de 2 millóns de euros, que duplica á do pasado 2007.
Esta firma, que comeza agora a súa expansión nacional, vén de obter a acreditación CMMI (Capability Madurity Model Integration) nivel 2, un recoñecemento que marca un fito na súa historia.
Isto, por unha banda, supuxo a consecución dun obxectivo chave na área de calidade para 2008 e, por outra, segundo afirmaron, “é o mellor recoñecemento ao seu labor”.
CMMI é un modelo de madureza desenvolvido para a mellora ou avaliación dos procesos de desenvolvemento e mantemento de sistemas e produtos de software, que na actualidade se considera “a acreditación internacional máis recoñecida en materia de enxeñaría de software”.
Bahía Software marca agora outro obxectivo: o de adoptar, no periodo 2009-2010, os procesos que se corresponden co nivel 3.
En palabras de Gustavo Gómez, representante de Bahía Software, “a certificación CMMI, nivel 2, foi unha gran aposta para a compañía e a súa obtención, unha gran satisfacción e un aval para os seus produtos e servizos”.
A galega Bahía Software obtén a acreditación internacional CMMI, nivel 2
Compartir Este Artigo

