Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A telefonía móbil en España, entre as máis caras da UE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A telefonía móbil en España, entre as máis caras da UE

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/03/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Sabiamos que a Internet de alta velocidade, sobre todo con feitura ADSL, tiña de cara ao usuario de a pé un custe especialmente elevado en España, pero se cadra a cousa non estaba tan clara en materia de telefonía móbil. Faltaba o de sempre: unha opinión dende fóra. Segundo a comisaria europea da Sociedade da Información, Viviane Reding, os prezos que as firmas operadoras poñen ao noso alcance no mercado son os máis altos da Unión, o que probablemente (sinala) veña dado por algún tipo de desarranxo en materia de competencia. A opinión de Reding, vertida durante a posta en longo dun informe sobre as telecos no mercado europeo, semella que ten unha base firme: o propio informe da UE, no que se puntualiza e se recorda que España reproduce en telefonía móbil unha boa parte dos mesmos males dos que xa adoecía en cuestión de ADSL: prezos medios mensuais elevados de máis.
Máis polo miúdo e centrándonos nas redes de alta velocidade, estamos a falar de 45,83 euros por unha conexión a Internet, fronte aos 36,89 de media europea.
Por certo que isto, unido a outros factores, segue a repercutir negativamente no escaso afianzamento das novas tecnoloxías na sociedade española con respecto aos parámetros da UE. A fin de contas, se hai algo do que prescindir no consumo do fogar, un consumo xa de por si fonte de preocupacións, é de aquilo do que xa se prescindía antes: a Rede. Consecuencia: a Internet en España avanza como deixándose levar, a desgana, estando neste intre a penetración da banda larga no 20,2%, dous puntos máis ca hai un ano, e dous puntos por debaixo da media europea. Con todo, a cousa é diferente no eido da Internet móbil, malia os seus prezos elevados (a oferta máis accesible anda a rentes dos 35 euros). Así, a taxa de uso desta tecnoloxía é do 25,9%, moi por enriba da media dos 27, que é do 13%. Polo que respecta ao afianzamento da telefonía móbil, cómpre sinalar que o seu medre foi firme e prolongado durante o último ano, estando neste intre arredor do 115%, un pouco por debaixo dos premidos da UE (118,9%).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?