Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés advirte da proliferación de receptores de TDT que incumpren as leis de propiedade industrial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés advirte da proliferación de receptores de TDT que incumpren as leis de propiedade industrial

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/03/2009
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

televes_tdt-2.jpgO eido da Televisión Dixital Terrestre e dos equipos vinculados a esta plataforma é, coma calquera outra tecnoloxía en progresión, un eido suxeito a todo tipo de iniciativas de desenvolvemento: algunhas de mérito, outras non tanto e outras baseadas en boa medida na lei do mínimo esforzo. Ou, xa postos, apoiadas de xeito directo nos froitos acadados polos demais. Así o está a advertir estes días a empresa galega Televés, para quen está claro que os consumidores de lecer audiovisual para o fogar atópanse máis que nunca desprotexidos de cara a receptores de TDT que non ofrecen finalmente o que din que ofrecen. Este reverso da industria legal, subliña, non é nada novo, e sempre adoita a xurdir onde hai unha forte demanda sobre un determinado produto. Neste caso concreto, é a necesidade de contar cun receptor nos nosos fogares perante o inminente apagamento analóxico o que fai que a industria ilegal se poña as pilas. Para Televés, xa non hai que contar só co problema do impago das compensacións por uso de tecnoloxía allea, senón que tamén hai que ter presente o engano ao consumidor que representa. Asemade, dispáranse as probabilidades de incumprimento dun nivel de calidade mínima nos produtos en cuestión.
Moitos deles, engade Televés, veñen dende fóra da Unión Europea para logo ser comercializados baixo diferentes marcas, sendo un dos principais problemas a violación das leis que protexen a propiedade intelectual e industrial, incumprindo o pago dos dereitos polo emprego dos algoritmos de procesamento dos sinais e o software deseñado para tal fin.
Os obxectivos deste tipo de industrias: abaratar custes a costa de pasar de longo dos dereitos, abrindo nichos no mercado malia o risco elevado de sufrir sancións económicas. Para a firma Televés, cómpre desmitificar as vantaxes que teñen para o consumidor este tipo de equipamentos: non só son máis caros a longo prazo, sobre todo polo seu baixo nivel de calidade, senón que tamén presentan graves problemas de abastecemento: en calquera intre pode rematar a achega de equipamentos, deixando a clientes, distribuidores e instaladores sen subministro.
Segundo informa a empresa galega facendo referencia ao miolo do problema, aquilo que é precisamente obxecto de usurpación, cómpre deixar claro que os receptores de Televisión Dixital Terrestre son algo máis que simples canles axeitadas para recibir nos nosos fogares a nova tecnoloxía. Son concretamente dispositivos que apoian unha boa parte da súa actividade sobre a descodificación dos algoritmos que dan feitura ao sinal. Para a comprensión da información, transmisión e almacenamento úsanse rutinas de software identificadas por unhas siglas que, pola súa ampla divulgación, xa forman parte da linguaxe cotiá: MPEG, DVD, DVB-T, MP3, HDMI, DIVX, etcétera. Máis polo miúdo, a recepción do sinal da TDT apóiase no emprego de tecnoloxía DVB-T. Tendo en conta isto, a intermediación deses estándares, é preciso o uso de software propietario, sinala Televés. E engade: “Todo fabricante ou importador que o implemente nos seus produtos está obrigado a establecer un contrato de licenza de uso, este contrato fixa un acordo bilateral polo que o titular dos dereitos da tecnoloxía achega á outra parte o dereito a empregalo a cambio dun prezo que de xeito habitual se coñece como royalty”. A empresa con sede en Santiago, que neste intre é o único fabricante que deseña, desenvolve e fabrica integramente en Europa receptores DVB-T (cumprindo, sinala, co pago dos dereitos que iso implica), considera un caso de competencia desleal que haxa compañías que tenten obter vantaxes de mercado sobre aqueloutras que pagan royaltys precisamente desentendéndose dese pago. “Esta práctica non só é rexeitable dende o punto de vista ético, senón que ademais amosa moi escasa consideración cara aos clientes e consumidores”, manifesta nun comunicado. A este respecto, Televés tamén está dando a coñecer as empresas con licenzas MPEG e DVB-T nos seguintes enlaces:
· http://www.mpegla.com/m2/m2-licensees.cfm
· http://www.sisvel.com/DVB-T/DVB-T_Licensees.pdf

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?