Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un estudo galego pon de manifesto o avance da formación en liña sobre a presencial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un estudo galego pon de manifesto o avance da formación en liña sobre a presencial

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/03/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

krasis_estudo_formacion.jpgEn materia de aprendizaxe, o preto que se poida estar do mestre ou mestra conta cada vez menos. Isto é así grazas ás novas tecnoloxías da información e para unha chea de materias, cobrando aínda máis forza para aquelas que máis directamente relacionadas están –precisamente- con esas novas tecnoloxías. A cousa ten a súa lóxica: quen traballa co ferro, por moito que se diga, non quererá no seu fogar un coitelo de pau. Segundo un estudo feito pola galega Krasis, o 70% dos técnicos informáticos enquisados nun estudo pormenorizado sobre preferencias de formación en tecnoloxía en toda España declárase partidario da aprendizaxe en liña, a distancia, como principal recurso para a ampliación dos seus coñecementos. A investigación, feita pola área de formación CampusMVP da dita empresa con sede en Vigo entre máis de medio milleiro de usuarios de todos os recantos de España, achega datos de interese sobre as supostas carencias que achega o feito de aprender a través das redes: cada vez hai máis xente que salienta as vantaxes dun guía a distancia que, aparecendo só cando é preciso, favoreza meirande autonomía. Así, só o 9% das persoas enquisadas opina que require sempre e en todo intre do apoio dun titor, considerando moi importante que a formación complementaria sexa de tipo presencial.
Dos cidadáns interrogados que optaron pola alternativa en liña, máis da metade confesa un elevado grao de satisfacción, elevándose esta porcentaxe (sinala a empresa) ata o 69% no caso dos alumnos que se teñen formado no dito CampusMVP. Asemade, engade a empresa galega, cómpre ter en conta o factor currículo: “Se ben existe un 5% de profesionais que se forman de xeito autodidacta, o certo é que preto do 90% dos alumnos prefiren a realización de algún curso que organice e facilite o estudo e sexa máis doada a obtención dun certificado oficial que axude a mellorar o currículo”, subliña Krasis. O estudo en cuestión fica arestora accesible na web do dito campus, estando a nota de prensa que o resume o presenta na páxina oficial de Krasis.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?