Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Elmuelle recibe un recoñecemento á calidade da súa xestión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Elmuelle recibe un recoñecemento á calidade da súa xestión

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/03/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

elmuelle_certificacion.jpgA firma galega Elmuelle, con sede na Pobra do Caramiñal (A Coruña), vén de recibir a certificación de calidade ISO 9001:2000 de mans da empresa Applus+, especializada precisamente na achega deste tipo de recoñecementos orientados a acreditar, perante compañías, institucións e cidadanía, as mellores garantías de xestión empresarial. A certificación, aplicable a todos os departamentos da firma galega con base tecnolóxica, supón en palabras dos responsables de Elmuelle “un novo reto na calidade e na xestión dos servizos ofrecidos”. A entrega oficial do aval celebrouse este venres 27 no local da empresa, acudindo ao acto membros da firma certificadora (Ana San Román) e do propio Concello da Pobra (o alcalde Isaac Maceiras).
Como dixemos, a acreditación supón un pulo integral a todas as áreas nas que está a desenvolver o seu labor Elmuelle: deseño de páxinas web (o aval certifica a aplicación correcta dos parámetros de deseño ou da optimización dos diferentes sitios en liña, amais das tarefas de seguimento), soporte técnico (a ISO 9001 tamén recoñece a calidade na atención tecnolóxica a outras empresas) e servizos en liña (a acreditación sinala unha mellora constante no aloxamento de páxinas web e o valor das novas ferramentas postas en xogo, como a plataforma TPV para cobro con tarxeta de crédito que desenvolveu recentemente Elmuelle).
Amais de todo isto, o aval tamén supón unha garantía para a cuarta gran liña de traballo da empresa a academia informática, dende a que se levan a cabo todo tipo de actividades formativas para a comarca do Barbanza e a súa contorna.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?