Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chamamento en liña para denunciar a estafa do 905 rexistrada a fin de semana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chamamento en liña para denunciar a estafa do 905 rexistrada a fin de semana

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/03/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

estafa_905.jpgA capacidade dos amigos do alleo para chegar aos petos do común da cidadanía non ten límites. Neste senso, mesmo se pode facer dun alto nivel de estratexia na xestión só comparable á das grandes empresas (se cadra este tema mereza máis amplitude), e no vieiro de Investigación e Desenvolvemento que están a percorrer os especialistas en calotes estase a asumir plenamente un uso integral das posibilidades das tecnoloxías da comunicación. Dito doutro xeito: unha vez máis, o vello (as estafas de toda a vida) dáse a man co novo (as novas plataformas dixitais). Neste camiño de estudos exhaustivos de mercado e emprego do tecnolóxico é onde se insire a tentativa de timo da que están a advertir webs como bandaancha.eu e que conseguiu prexudicar a centos de usuarios ao longo da fin de semana pasada. Segundo informa a dita páxina e podemos ver de xeito máis claro nos seus foros, unha boa parte da comunidade de usuarios de telefonía móbil foi testemuña estes días da chegada dun novo tipo de calote: unha mensaxe no que se informaba ao portador do terminal da chegada dun paquete que agarda confirmación (unha chamada a un servizo 905 que, como podemos supoñer, non é precisamente de atención ao cliente, senón máis ben de desatención).
Esta é a mensaxe en versión íntegra: “BHL: tenemos pendiente de entregar un paquete al titular del 34619******. si es usted, por favor contacte con nosotros al 90 54 33 523“.
A cuestión, con independencia do verosímil da súa feitura (cada vez as mensaxes de texto aos móbiles están preto do que ben podería ser posible), é a de sempre: unha tentativa de engano e roubo tirando un proveito directo de factores como a arela de cartos ou bens materiais. Segundo advirten webs como a devandita ou mesmo Loeda.net (onde tamén se avalía o asunto en todos os seus detalles) con respecto ao uso que lle podamos chegar a un SMS destas características, cómpre ir alén de sinalalo nun foro de Internet ou de avisar aos nosos amigos e parentes: é preciso dar conta do caso perante a Comisión de Supervisión dos Servizos de Tarificación Adicional, órgano dependente do Ministerio de Industria que centra os seus esforzos en coidar que as empresas que xestiona os 905 cumpran os códigos de conduta aos que están obrigados por lei. A Comisión achega un xeito cómodo de facelo: a través da súa web, enchendo un sinxelo formulario en liña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?