Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Industria difundirá un selo Software 100% legal como certificado de calidade dos programas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Industria difundirá un selo Software 100% legal como certificado de calidade dos programas

Raquel Noya
Publicado: 01/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

campanha_100legal.jpgO Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, vén de presentar hoxe a segunda edición da Campaña de Software Legal, enmarcada no Plan Avanza2 e destinada a evitar o uso de programas piratas entre os usuarios e usuarias de novas tecnoloxías no noso país.
O acto contou coa presenza, do secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Francisco Ros, e do subdirector xeral de Servizos da Sociedade da Información, Salvador Soriano, entre outras personalidades representantes de organismos en relación coa campaña, como BSA España, AETIC ou CENATIC, que estiveron presentes como colaboradores e impulsores.
Os responsables desta acción destacan que, dende o lanzamento da primeira campaña de software legal en 2007, “o índice da piratería do software en España descendeu en tres puntos”, segundo indica un estudo de IDC patrocinado por BSA, co que, aseguran, “conseguiron igualar os niveis mínimos históricos en España para situala máis cerca da media da Unión Europea e dos países máis avanzados no emprego das TIC”.
A fin de reforzar esta tendencia de mellora, esta primeira campaña vén de ser renovada agora para ter continuidade cunha segunda de promoción da comercialización do software legal, á que se destinarán do redor de 250.000 euros.
Con esta nova edición, o Mityc vai potenciar aspectos da campaña anterior e engadir novidades, entre as que destaca a creación dun portal web que aglutine toda a información relevante para o negocio do software en España e que sirva como ferramenta de utilidade para os profesionais do sector.
Outro dos aspectos que se destacou no acto de presentación da campaña, foi o anuncio de difundir o selo Software 100% legal, como certificado de calidade, confianza e compromiso con este tipo de aplicacións, entre distintos distribuidores e fabricantes e, asemade, a adhesión dos distribuidores de software a un decálogo de boas prácticas que constitúe “un compromiso co software legal” e “un axeitado progreso da Sociedade da Información en España”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?