Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrinca o Xuventude Galiza Net máis agardado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrinca o Xuventude Galiza Net máis agardado

Raquel Noya
Publicado: 03/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

XGN2.jpgA primeira hora desta mañá, os internautas máis impacientes por estrear as novas instalacións que acollen o XGN deste ano, o Multiusos Fontes do Sar, iban chegando cargados cos seus equipos informáticos, ben ao lombo (os menos) ou ben con carros da compra (a maioría deles), para conectarse o antes posible á Rede e aproveitar ao máximo o xigabit de velocidade que ofrece a organización nesta edición.
Case todas as persoas inscritas este ano (un total de 1.800 mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos) fixeron a súa entrada nas instalacións da party con certo nerviosismo e moita emoción, a mesma que cabería agardar dun grupo de mozos e mozas que levan un ano enteiro esperando volver a reencontrarse.
Coxíns, almofadas, mantas, bebidas isotónicas, pasteliños industriais… tampouco podían faltar este ano no Xuventude Galiza Net e adivíñanse entre as pertenzas dos usuarios no medio de USBs, discos duros externos e todo tipo de dispositivos nos que poder levar “todo o material que se poida”.
Susana veu “a facer amigos e amigas coas mesmas afeccións que ela”, Xosé “para descargar películas e música”, Pablo “para competir en liña con outros usuarios”… e así poderiamos seguir enumerando as razóns que traen a cada internauta a esta xuntanza anual (tantas como usuarios e usuarias hai inscritas) pero todos e todas, sen excepcións, coinciden en afirmar que “veñen para vivir de novo unha experiencia única”, que se fai posible grazas aos 40.000 metros de cable dos que dispoñen e ás actividades que a organización ten previstas para este ano, e que se achegan ao detalle na web oficial do XGN.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?