Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O noso compañeiro Antonio Boñar lánzase á blogosfera coas súas críticas de cinema
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O noso compañeiro Antonio Boñar lánzase á blogosfera coas súas críticas de cinema

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/04/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

en_el_cine_no_llueve.jpgMalia que semelle unha obviedade, o realmente positivo dun blog (ese formato de caderno persoal que tan ben lle acae aos internautas-plumillas) é que se queres lelo, entras nel e o les. Sabes o que podes atopar no sitio en cuestión e isto, nestes tempos de fontes e autorías enleadas coma unha árbore xenealóxica borrosa, constitúe un pouco de terra firme alí onde todo se move. Isto que é aplicable a moitos temas e sectores, atopa na información vinculada ás artes meirande amplitude de banda. E o cinema, que á a columna vertebral do caderno do que imos falar, non é tampouco unha excepción. A fin de contas, a Rede asume cada vez máis o papel de amigo/a que sempre se adianta nas estreas e, polo tanto, soe achegar claves sobre a comenencia de acudir ou non a unha determinada proxección. Estes e outros son os argumentos que recolle o caderno en liña dun vello compañeiro de Código Cero, Antonio Boñar, responsable hai uns poucos anos dun programa de televisión sobre cinema que ás veces resultaba moito máis estimulante cás estreas da que trataba.
Leas aparte, o programa en cuestión, feito con poucos medios pero con moito humor e vontade de facer algo distinto, levaba un nome curioso que picaba a curiosidade dos telespectadores, En el cine no llueve, e ese é precisamente o título elixido para esta experiencia blogueira de Boñar, agora metido (de cheo) na figura do compañeiro que nos pon sobre aviso de toda aquela proxección fílmica á que nunca deberiamos ter ido. Quedamos pois avisados.
O blog, ao que tamén se pode acceder a través da web de La Opinión da Coruña, inclúe basicamente críticas e comentarios sobre as estreas que chegan cada fin de semana ás nosas pantallas: Boñar non achega valoracións persoais sobre todas (a súa saúde mental e a de calquera outro, tendo en conta o malas que son a gran maioría, podería perigar), pero si sobre unha boa parte das máis salientables. Estes días atópase no que podemos chamar fase de promoción do proxecto. A súa idea é tirar partido abondo do formato elixido, con todo o que iso implica: comentarios de todo tipo dos lectores e lectoras. El mesmo prefire deixalo claro: “Canta máis xente participe e opine mellor que mellor”.
Polo de agora xa podemos pornos ao día sobre a opinión que lle mereceron filmes como A cegas (de Fernando Meirelles) ou Os abrazos rotos (Pedro Almodóvar), por citar dúas das películas máis relevantes da carteleira actual. Dende aquí animalo nesta súa andaina bitacoreira á par que xornalística e cinematográfica, ao tempo que aproveitamos (xa que hai confianza) para pedirlle máis presenza do galego nas súas entradas (lingua que nos consta que domina, malia ser natural de León).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?