
Así o defende o presidente de RTVE, Luís Fernández, que vén de reunirse co presidente de Telefónica, César Alierta, para ratificar o compromiso das súas respectivas compañías para dixitalizar e comercializar o fondo documental da compañía de comunicación pública e facer posible así, que se conserve e se difunda, nas mellores condicións posibles, “a través de todos os medios e soportes que a sociedade nos ofrece”.
Este acordo, que asinaron na súa condición de socios tecnolóxicos exclusivos, prevé o desenvolvemento dun Proxecto de Dixitalización de Contidos de RTVE, que consiste fundamentalmente, na transformación dos formatos analóxicos a dixitais, no almacenamento de contidos finais, e na xestión, emprego e mantemento dos mesmos por parte de Telefónica.
Os traballos desenvolveranse durante un periodo aproximado de 4 anos, nos que deberán dixitalizarse máis de 800.000 horas do Fondo Documental de TVE.
Asemade, Telefónica colaborará con RTVE na distribución e explotación dos contidos do devandito Fondo, ben mediante o consumo dos mesmos por parte das empresas do Grupo a través das súas canles (IPTV, móbil, Internet, Internet TV…), ou ben mediante fórmulas de colaboración a través da súa rede comercial.
O Acordo Marco de Colaboración Estratéxica suscrito por ambas compañías, desenvólvese agora a través dun convenio espefícico aprobado hai un mes polo Consello de Administración de RTVE, e mediante o mesmo, Telefónica porá a súa experiencia en servizos audiovisuais a disposición de tódolos habitantes deste país.
Tanto a compañía de televisión pública como Telefónica consideran “clave” a explotación, definición e posta en marcha conxunta de novos servizos audiovisuais, baseados na dixitalización e a interactividade, que permitan incrementar tanto o valor dos contidos de RTVE como o dos servizos da operadora de telefonía.
Telefónica dixitalizará e comercializará o Fondo Documental de RTVE
Compartir Este Artigo

