Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Brasil aforrou 167,8 millóns de dólares en 2008 grazas ao software libre
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Brasil aforrou 167,8 millóns de dólares en 2008 grazas ao software libre

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

saopaulo_telecentro-2.jpgO software libre é por natureza social: non lle chega coa máis mínima compaña, busca sempre a meirande porcentaxe de usuarios/as. Esta é unha das moitas razóns do bo intre de forma que vive arestora: quen usa e desenvolve programas abertos vai facer todo o posible para informar a quen non os emprega das súas vantaxes. Esta é a liña do Goberno de Brasil, un dos países que máis firmemente ten apostado pola implantación do software libre no administrativo e no cidadá e, en consecuencia, maiores esforzos ten realizado a prol de que se saiba. Segundo vén de informar o Servizo Federal de Procesos de Datos (Serpro), a Administración do país irmán acadou un aforro de 370 millóns de reais (uns 167,8 millóns de dólares) en 2008 grazas á súa aposta intensiva polo código aberto a todos os niveis dos emprazamentos oficiais: sistemas operativos, navegadores de Internet, programas de correo electrónico e outras ferramentas.
Por certo que este aforro, engade o Serpro para contribuír a facérmonos unha idea sobre a magnitude do acadado grazas ao código aberto, representa o dobre có investimento dirixido a dar apoio ao sistema de declaración do imposto da renda por Internet. Amais, equivale a un cuarto do orzamento destinado á operatividade do propio Serpro.
No que se refire a usos concretos desta cantidade de cartos retida (non gastada en virtude dun menor índice de pago de royalties por licenzas de propiedade de software), sinalar que entre outras cousas posibilitou a posta en marcha de 5.000 puntos de conexión á Rede en todos aqueles recantos de país onde as novas tecnoloxías aínda non se afianzaran. Segundo engade devandito servizo estatal, o vindeiro 15 de abril haberá novidades no proceso imparable de deseño, presentación e liberalización de novos programas abertos xurdidos ao abeiro da aposta institucional: a devandita data ficará accesible a plataforma para a desenvolvemento de ferramentas informáticas Demoiselle (chamada así na honra do piloto brasileiro Santos Dumont, quen en 1907 deixou aberta para toda a sociedade a patente do avión ao que deu corpo en Francia. Na imaxe, telecentro en São Paulo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?