Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En Semana Santa, coidadiño co correo malicioso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En Semana Santa, coidadiño co correo malicioso

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

spam.jpgO correo electrónico, con todas as súas vantaxes (que as ten), non deixa de ser unha de tantas potencialidades postas ao noso alcance e finalmente estragadas. Lonxe de vir a través del cartas e máis cartas de amor, amizade, avisos de traballo inmediato, agasallos e boas novas, dá finalmente acubillo a unha tentativa tras outra de apropiación do alleo (ben sexan cartos, bens, confianza, paciencia ou equipos informáticos). Para facérmonos unha idea: o 85% dos correos que se enviaron no mundo durante o mes de marzo foron de tipo malicioso, a tenor dos datos achegados pola empresa MXLogic e reflectidos por Vnunet. O problema, lonxe de esmorecer en períodos vacacionais coma este da Semana Santa no que estamos a piques de mergullarnos, intensificase. Por que? Pois porque a corrente de spam (correo lixo) actúa tamén sobre impulsos de mercado: se hai demanda de algo a través da Internet, neste caso paquetes vacacionais ou ben contidos de tipo relixioso, haberá correo lixo.
Segundo sinala a dita empresa, a Semana Santa, ao igual que o Nadal ou San Valentín, constitúe un repunte de actividade para os spammers, sendo a previsión que ao longo dos vindeiros días aumente de xeito considerable a cantidade de correos maliciosos con mensaxes vinculados á celebración da Pascua.
Asemade, e xa que se incrementan as posibilidades de lecer e de acceso aos recursos da Rede, tamén se agarda un medre no número de mensaxes electrónicas apoiándose na achega do novo navegador Internet Explorer 8 como anzol para os incautos. As motivacións, neste último caso, serán con toda probabilidade outras diferentes ás de procurar os nosos cartos ou os nosos datos persoais: serán basicamente as de desprestixiar á casa Microsoft, que está a presentar a súa nova ferramenta coma a máis segura dentro das súas características.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?