Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ourense acolle este mes unhas xornadas sobre informática e legalidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ourense acolle este mes unhas xornadas sobre informática e legalidade

Fernando Sarasketa
Publicado: 06/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

informatica_e_legalidade.jpgPara unha boa parte dos usuarios da Rede, esta ten aínda moitos cabos soltos. Até certo punto, é normal que así sexa: o pulo da Internet é relativamente recente e, como todas as cousas que foxen un pouco ao noso control, tivo un algo de boom urbanístico e de nova realidade que se adianta ás regulacións propiamente ditas. En certa maneira, o escenario xa se puxo á nosa disposición, pero se cadra non con todas as indicacións precisas. Para a Organización Precursora de Iniciativas do Campus de Ourense, OPICO, é necesario contribuír dende o debate a este desfase entre presenza (moita) e regularización (pouca) da sociedade dixital do coñecemento nas nosas vidas. Nesta liña de achegar unha visión máis ampla do marco legal é onde se insiren as primeiras Xornadas de Informática e Legalidade que coordina a devandita entidade coa colaboración do Consello Social e da Escola Superior de Enxeñería Informática (Ourense). Os seminarios, que terán lugar no Edificio Politécnico os mércores 15, 22 e 29 de abril, concíbense coma un curso de función formativa dupla: diríxese tanto a estudantes de Enxeñería e Enxeñería Técnica en Informática como ao alumnado de Dereito.
Para os primeiros, informa a Universidade de Vigo, o curso achegaralles unha introdución aos aspectos xurídicos que afectan ao exercicio da profesión que están a estudar, e para os segundos poralles ao seu alcance unha visión da informática vinculada ás cuestións legais que a regulan. Porén, as xornadas están abertas a calquera estudante ou persoa que teña interese perante unha cuestión, a da regularización ligada á era dixital, que a medida que o peso da Rede medra na nosa sociedade, cobra meirande vixencia.
O curso, engade a Universidade de Vigo, nace coa idea de cubrir certas lagoas na formación dos estudantes do campus, e malia ser a primeira vez que se celebran, os organizadores agardan que se repitan nos próximos anos se acadan o éxito esperado. A inscrición, de carácter gratuíto, poderá realizarse a través da web de OPICO. Ao remate das xornadas os participantes recibirán un diploma de asistencia que será validable, no caso dos alumnos da Universidade de Vigo, por un crédito de libre elección.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?