
Para blogueiros e internautas en xeral como o galego Enrique Dans, estamos sen dúbida perante unha mala nova que vai en contra do novo escenario tecnolóxico no que se desenvolve a creación cultura: estamos, sinala, ante unha persoa que cualifica o canon dixital como insuficiente e que coa súa elección “estraga calquera posibilidade de acadar un equilibrio entre os dereitos dos usuarios da Rede e os cidadáns en xeral e os dos creadores”. A cousa non pinta moi mellor para a Asociación de Internautas, onde cualifican de “provocación” o cambio de titular no Ministerio de Cultura, dirixido a partir de agora por unha persoa contraria á Sociedade da Información, tal e como se pode comprobar unha vez máis, sinalan, nas súas máis recentes declaracións.
No que respecta a Bandaancha.eu, unha páxina web especialmente centrada en todas as informacións vinculadas aos dereitos dos/as internautas, dicir que os usuarios da mesma non dubidan de cualificar este movemento de ficha do Goberno como unha virada cara ao centrismo e máis concretamente cara ás lexislacións belixerantes de países como Francia con respecto ao uso libre das novas tecnoloxías da información. “Sen dúbida, a lei Sarkozy á española chegará moi axiña, e xa nos podemos ir preparando, xa que agora é a propia SGAE, a industria, quen controla ao ministerio”, sinala un internauta en Bandaancha. A cousa non remata aí, e para as galegas e galegos que cometen a tolemia (nestes tempos!) de apoiar a lingua propia, tamén semella haber ración dupla de caldo: tal e como se fai mención en Chuza!, a nova ministra de Cultura ve con bos ollos as teses de Galicia Bilingüe, unha plataforma que como unha boa parte dos/as cidadáns saben centraliza os seus esforzos en salvar o que a todas luces consideran en perigo de extinción: o uso do castelán nesta nosa xeografía.
Voces de alarma na Rede pola elección de González-Sinde como ministra de Cultura
Compartir Este Artigo

