Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede ofrece completa información sobre o Ano Internacional da Astronomía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede ofrece completa información sobre o Ano Internacional da Astronomía

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

09dc0_2009-astronomia-mexico.jpgPara quen non o saiba, ben porque o feito de que todos os días se celebre algo cansa xa un pouquiño ou ben porque hai información de máis e algo haberá que deixar de lado, este ano en curso, 2009, foi nomeado polas Nacións Unidas como Ano Internacional da Astronomía (IYA2009), o que máis ou menos significa que teremos ao alcance da man unha oportunidade inmellorable de introducírmonos nun eido do coñecemento que polas razóns que sexa non atopa nos medios a repercusión que se merece. De feito, é a Rede a plataforma de coñecemento que semella estar adoptando o tratamento máis fondo, a anos luz (e nunca mellor dito) do que se lle está a emprestar dende os grandes medios de tipo tradicional. Unha boa porta para entrar no referente á celebración e a todo o que ela implica semella o Blog de Astronomía, caderno dende o que se está a facer seguimento exhaustivo dunha festividade na que están a participar preto de 130 países coordinados pola Unión Internacional Astronómica.
O evento, que non chega de xeito casual (posto que se cumpren 400 anos da primeira vez en que Galileo Galilei apuntou ao ceo co seu telescopio), ten como gran obxectivo achegar o universo á xente de a pé e sexa cal sexa o seu nivel de coñecemento sobre a materia.
Por certo que entre as actividades que se inclúen atopamos a chamada 100 horas de Astronomía, unha iniciativa celebrada a fin de semana pasada en España e que como o seu propio nome indica concibiuse coma unha sesión continua de actividades vinculadas a esta disciplina do coñecemento: webcasts, observacións do ceo ou conexións en directo cos grandes observatorios do planeta.
Para quen queira facerse unha idea máis ampla sobre a efeméride e sobre o programa de actividades que inclúe, en España xa está en activo unha completa páxina web con todo o referente ao Ano Internacional da Astronomía. Neste espazo incorpóranse seccións como Proxectos piares especialmente axeitada para recadar información sobre cada un dos eventos dos se constitúe a celebración. Asemade, os responsables da páxina web habilitaron un buscador que fai máis doado a procura de iniciativas e coa vantaxe de que achega datos por provincias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?