Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: González-Sinde promete reunións e diálogo cos internautas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

González-Sinde promete reunións e diálogo cos internautas

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/04/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

gonzalez-sinde2.jpgNon todos os internautas teñen razóns para moverse inquietos no seu asento mentres len o nome da nova ministra de Cultura (tema do que falamos amplamente onte nesta web), pero hai unha boa parte deles, sobre todo os que teñen unha porta aberta no seu equipo para que saian e entren libremente todo tipo de arquivos (películas, música), que ven na substitución do galego César Molina por Ángeles González-Sinde o principio da fin da idade de ouro do coñecemento pola patilla e sen opción aparente de acadar solucións de consenso que, coma a posta en marcha na Illa de Man, satisfagan a uns (os usuarios) e a outros (a industria). Dito doutro xeito: unha porcentaxe importante dos internautas aos que a noticia lles toca de preto considera que coa nova titular de Cultura a tendencia da balanza será a de inclinarse só cara á protección dos dereitos de autor. Con todo, ben se lle pode deixar algo de marxe á esperanza, máis que nada se temos en conta as recentes declaracións da ministra acabada de nomear en relación á postura sobre a cuestión da Rede. Segundo explicou trala súa toma de posesión, reunirase en breve cos colectivos de internautas para tratar de atopar unha solución boa para todos, algo que por certo ve perfectamente factible. “Hoxe en día”, sinalou, “todos somos internautas e eles tamén teñen os seus puntos de vista que cómpre ter en conta”. A maiores, e para subliñar que a súa postura non é a de pecharse ao diálogo, afirmou que “da confrontación de ideas sae o futuro”.
Sexa como sexa, a vaga de reaccións en contra do nomeamento non para de medrar e coller forza. De feito, hai iniciativas dende todas as frontes: dende as perfectamente previsibles na súa postura contraria como a Asociación de Internautas, que xa está a espallar pola Rede un banner onde se esixe que non se lle dea nin unha xornada sen tregua á nova ministra, ata as que ofrecen máis marxe para a sorpresa, como o punto de vista adoptado por Pedro J. Ramírez no seu videoblog, onde non dubida á hora de cualificar a posta no cargo de González-Sinde de “obscena”. No resto da Rede semella que tamén hai para dar e tomar: unha conta en Twitter chamada ”Sinde Pírate” (coa que se queren pescudar os pasos de González-Sinde á fronte do seu cargo e en relación co tema da era dixital), un grupo en Facebook que anda xa a rentes dos 6000 membros co obxectivo de desbaratar a súa xestión e inclinala a favor do libre intercambio na Rede ou a páxina web de explicativo nome SINDEscargas.net, un espazo onde basicamente se pide o cese no seu cargo da titular de Cultura acabada de nomear.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?