As ligazóns entre a Internet máis social e o interese pola cociña semellan cada vez máis fortes. De feito, froito da unión ámbolos dous conceptos estase a afianzar un novo tipo de internauta, o blogogastrónomo, un usuario da Rede e seareiro dos fogóns para quen está claro que a Internet incrementou sobre maneira as posibilidades de dispoñerse a si mesmo e aos demais ante as mellores expresións do quefacer culinario Xuntos máis que por separado, conciben a Rede coma unha mestura entre manual e guía de cociña onde todos participan libremente. Proba de que a cousa non para de medrar son os cada vez máis abondosos certames e encontros onde se salienta o mellor de ámbalas expresións: a blogueira e a gastronómica. Esta é a liña do Premio Navarra Gourmet aos Mellores Blogs Gastronómicos, concurso onde xa hai máis de sesenta bitácoras inscritas e que segundo nos conta José Luis Orihuela, xurado do certame, complementarase cun evento de tipo xuntanza que dará saída e expresión a todo o coñecemento acumulado por cada un dos participantes no Premio. Trátase do Encontro de Bloguers Navarra Gourmet, que incluirá paneis e mesas redondas sobre a cuestión blogogastrónoma e que terá lugar en Pamplona entre o 17 e o 20 de maio.
Volvendo ao certame propiamente dito, dicir que vai contar con tres categorías: Mellor blog gastronómico; Mellor blog gastronómico revelación e Mellor Videoblog gastronómico.Os requisitos que se piden é que o blog que concorra no concurso estea escribo en castelán e non sexa corporativo ou pertencente a algún medio de comunicación ou rede profesional. No que respecta aos premios, sinalar que haberá tres galardóns de 1.000 euros máis un feixe de produtos gastronómicos Reyno Gourmet para cada unha das categorías.
Máis de 60 inscritos nos Premios Navarra Gourmet aos mellores blogs sobre cociña
Compartir Este Artigo

