Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Axe mantén na Rede un xogo no que convida a bater nas mulleres
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Axe mantén na Rede un xogo no que convida a bater nas mulleres

Fernando Sarasketa
Publicado: 14/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

axe_xogo.jpgQue ninguén se leve a engano: a polémica é hoxe en día unha estratexia comercial de primeira orde. O feito, que en si mesmo non tería porqué ser negativo (sempre e cando o que se cree sexa un ambiente san de debate), pode chegar a ser especialmente grave cando se banalizan cuestións que merecen máis respecto, sentido común e intelixencia. Estes tres ingredientes, xuntos e por separado, son precisamente os que lle faltan á nova campaña promocional en liña da empresa Axe (propiedade de Unilever) e a súa ampla gama de produtos para a hixiene e o coidado persoal. Pois ben: os esforzos que a firma pon en sacar ao mercado artigos para que os homes do século XXI estean teoricamente máis atrativos (?) son proporcionais de xeito inverso á sutileza e calidade do seu labor de marketing De feito, case se podería dicir que as promocións que Unilever tira da súa manga invalidan calquera rastro de suposta calidade nos seus produtos. Con todo, a intención da compañía ao presentar un xogo virtual que consiste en bater nas mulleres seguro que era outro: o que quere é que se fale de novo da marca, aínda a costa de quedar perante o mundo enteiro como unha empresa-lixo para clientes-lixo. Para quen queira ver ata que punto chegan as compañías de hoxe en día con tal de venderse, aquí vai a ligazón á súa nova proposta comercial.
Por certo que como era de agardar, as protestas estanse a ouvir a base de ben. Como por exemplo a das tres deputadas arxentinas que presentarán esta semana unha denuncia penal contra a compañía anglo-holandesa pola dita promoción ao considerar que esta viola a Lei de Protección Integral das Mulleres contra a Violencia de Xénero. Por certo que a campaña de Axe, chamada Cazadores por instinto (o se nome indica ben ás claras cara a quen se dirixe), constitúe precisamente iso: un chamamento de tipo conservador para preservar, unha vez máis, valores que non merecen nin o máis mínimo esforzo para seren conservados. O xogo, que está ambientado nunha era prehistórica onde os homes son os cazadores e as mulleres as presas, consiste en obter puntuacións a través dunha habilidade sutil coma poucas: bater cun pau na meirande cantidade de mulleres posible en 50 segudos.
Por certo que a nova sobre esta polémica aparece estes días reflectida en Chuza!

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?