Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novaxove lánzase a promover o galego na Rede cun certame que conmemora o 17 de maio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novaxove lánzase a promover o galego na Rede cun certame que conmemora o 17 de maio

Fernando Sarasketa
Publicado: 14/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

novaxove_galego.jpgO espazo en liña de Caixanova para a mocidade galega, Novaxove, segue a dar novos pasos cara a un compromiso duplo xa bosquexado dende hai tempo na propia web e agora decididamente asumido: a promoción do uso da Internet entre a xuventude e o emprego do galego nesa comunicación dixital. Nesta liña é onde se insire, precisamente, a posta en marcha dun novo certame destinado a conmemorar un festexo que na nosa terra resultou ser (tamén) atinada e significativamente dobre: o 17 de maio, día para a celebración das nosas Letras e xornada (a nivel mundial) para o festexar a chegada de Internet. Neste senso, os responsables de Novaxove decidiron adiantarse e dende hoxe ata o vindeiro 11 de maio manterán aberto un concurso para que todas/os interesadas/os acheguen as súas ideas de como difundir o galego na Internet.
Deste xeito, as/os participantes levarán unha camiseta conmemorativa da dita data e a idea máis orixinal ou mellor presentada obterá, a maiores, unha cámara de vídeo. O único requirimento que se pide é presentar as propostas no foro Participa da web de Novaxove.
Cómpre lembrar que este espazo, creado en 2004 co apoio de Caixanova, está especializada en achegar contidos para a xente máis nova do país. Ao longo deste case cinco anos de vida, logrou facerse un oco como referente en canto aos eidos temáticos nos que se asenta: deportes, tendencias, cultura, imaxe e música.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?