
Segundo se afirma no diario The New York Times, que cita unha fonte achegada á operación, Zennstrom e Friis, están a negociar con varias firmas de capital risco para reunir polo menos 1.000 millóns de dólares e facer unha oferta a eBay pola súa antiga empresa.
Os dous empresarios, de orixe sueco e danés respectivamente, venderon Skype á firma de subastas na rede eBay hai preto de catro anos por máis de 2.600.000 millóns de dólares, o que pasou a ser unha das operacións máis caras da historia de Internet.
Dende entón, os dous fundadores levaron a cabo outros proxectos emprendedores como a creación da empresa de capital-risco Atomico ou o respaldo do lanzamento do servizo de vídeos en liña Joost, pero ningunha destas compañías consegueu emular o éxito da pioneira Skype.
Con máis de 400 millóns de usuarios rexistrados, 53 millóns máis que cando pasou a mans de eBay, Skype é un dos servizos de VOIP máis populares do mundo, que os seus creadores pretenden recuperar.
Os fundadores de Skype pretenden remercar a compañía a eBay
Compartir Este Artigo

