Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As queixas perante Protección de Datos medraron un 45% en 2008
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As queixas perante Protección de Datos medraron un 45% en 2008

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/04/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Con determinados servizos en Internet acontece igual que na vida con certas persoas que nos rodean: se lles das unha man, cóllenche o brazo enteiro. Isto que en relación ás nosas amizades non tería por que ter máis repercusión negativa que a dun exceso de confianza, en cuestión da Rede achega feituras máis graves, sobre todo se o que está en xogo non é outra cousa que os nosos datos persoais. A cousa semella que non ten parada a curto prazo e cómpre andar cada día con máis tino, tal é o volume de negocio que se xera hoxe en día na Sociedade da Información que nos convida a ser unha parte activa da súa construción e contido. Segundo vén de advertir no seu reconto (formato pdf) de actividade a Axencia Española de Protección de datos (AEPD), as queixas dos internautas tras veren vulnerados os seus dereitos á privacidade medraron máis do 45% ao longo do ano pasado. A maiores, e para que nos fagamos unha idea de ata que punto concorremos nas novas plataformas da información sen estar apenas preparados para o xogo no que de maneira inevitable imos ter que entrar a formar parte (o xogo de pasar a ser, polo simple feito de ser internautas, obxectos de todo tipo de reclamos ao límite do lexítimo), das 2.362 denuncias que lle fixeron chegar á axencia os usuarios, a gran maioría facía referencia a firmas do sector das telecomunicacións, a entes financeiros e a servizos de video vixiancia.
No que atinxe ao primeiro tipo de queixas, as dirixidas ás compañías que achegan acceso e contido ás redes, baséanse sobre todo nunha das lacras informativas desta era na que vivimos de proliferación a esgalla de caixas de correo: o correo lixo. O spam, pois así se lle chama á versión dixital de toda a palla que por tradición nos chega polos servizos postais ordinarios, constitúe polo tanto unha das principais preocupacións dos usuarios das novas tecnoloxías, en todas as súas manifestacións, incluída a variedade telefónica, cada vez máis común, o que deriva entre outras cousas na incorporación do usuario a servizos de tarificación adicional sen o permiso pertinente.
Polo que atinxe ás denuncias ligadas á actividade bancaria, son principalmente queixas motivadas pola incorporación nos ficheiros de morosidade ou por ter pasado de longo dun dos grandes deberes de calquera empresa de cara aos seus clientes: manter a súa identidade segreda. Esta actividade incesante de uns e outros motivou que en 2008, segundo informa a Axencia de Protección de Datos, se dese comezo a un 58% máis de operacións sancionadoras ca no ano anterior, procedementos que deron como resultado un total de 22,6 millóns de euros en multas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?