Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Especialistas en empresariado dixital acudirán a Compostela o día 22 para facer novos adeptos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Especialistas en empresariado dixital acudirán a Compostela o día 22 para facer novos adeptos

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/04/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

camara_plano.jpgO mercado era máis amplo do que imaxinabamos: coa Rede non ten límiites. Isto que pode parecer obvio polo innecesario, revélase como un detalle fundamental de medre para calquera empresa da actividade que sexa: dende a máis directamente vinculada ao dixital ata a inserida nos eidos que nos libros de xeografía e historia sempre se meteu na saca común do sector primario. Con este valor de incremento da produtividade que pode achegar a Internet pasa como con outras moitas cousas: non se sabe ata que se ten. De aí que dende hai tempo entidades de todo tipo se teñan proposto informar polo miúdo do que corre risco de ficar en segundo plano: este labor construtivo e competitivo da Rede. Un exemplo disto é o programa de actividades informativas da Cámara de Comercio de Santiago, entre as que se contan unhas xornadas sobre as vantaxes de facer mercado no dixital promovidas en colaboración con Camepyme. As xuntanzas, presentadas baixo o lema Plantexamento da empresa tradicional en Internet (aquí, en pdf), contarán coa presenza dun bo número de especialistas no eido dixital e máis concretamente en experiencias concretas de éxito na Sociedade da Información para empresas de toda índole e tamaño. Ese será precisamente o cometido do grupo de expertos reunidos en Santiago o mércores 22 de abril: dar conta polo miúdo perante as firmas da cidade das vantaxes múltiples de estar na Rede.
A xuntanza, que se desenvolverá a partir das 9.30 horas na sede da Cámara, incluirá un amplo abano de temas tecnolóxicos e informáticos a tratar. Así, a mañá dará acubillo a pormenorizados debates sobre os beneficios de ter unha páxina web propia e de levar a cabo unha actividade de promoción en liña. Asemade, está previsto tocar a fondo temas como a tramitación ou sinatura electrónica, o posicionamento en buscadores ou as vantaxes de pór en marcha unha iniciativa comercial en Google.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?