Microsoft confirmou que o vindeiro día 28 sairá o
Service Pack 2 para o Office 2007, o que incorporará novas
prestacións á suite ofimática da
compañía de Redmond incluíndo o soporte de ficheiros ODF e XPS (sempre precisar
de engadidos para tal fin), así como
a posibilidade de imprimir en PDF.
Esta actualización do Office 2007 tamén mellora o funcionamento dos calendarios
de Outlook, os gráficos de Excel, as capacidades de exportación de Visio e
outras funcionalidades.
O 28 de abril sairá o SP2 para Office 2007
Compartir Este Artigo
